FOXO DE LOBO DO CAMPO
PORTELA DAS TRAVESAS
COVELO
SERRA DO SUIDO
Tamén coñecido como a forca do lobo, é un antigo vestixio dunha trampa para cazar estes animais.
O do Campo ten como particularidade dous funís de entrada ao foxo. Segundo se recolleu da xente do lugar, cada funil de entrada correspondía a unha parroquia distinta.
O foxo consta dun cercado de tres paredes converxentes feitas de grandes laxes graníticas que se vai pechando en forma de funil para finalmente rematar en dous corredores de 60 cms. que levan ao foxo, onde o lobo fuxindo da xente e verse cercado entra facilmente.
Este foxo, feito en mampostería granítica, ten unha profundidade aproximada de 2,5 metros de altura e 5 m. de diámetro.
Unha vez que o lobo caia na trampa, a veciñanza dáballe morte con pedras e paus.
Dúas pedras da parede norte, xa perto do pozo, amosan marcas de canteiro en forma de cruces gravadas.
O conxunto, que foi restaurado no verán de 2013, está referenciado nun documento do ano 1650, aínda que é posible que o Foxo sexa máis antigo.
Campo
Parroquia de grande tradición gandeira, bañada polo río Tea e situada na aba sur da Serra do Suído dispón dun bo monte cinexético. Nas súas cotas máis baixas poderemos perdernos en frondosos bosques autóctonos.
Os seus barrios e lugares son:
Barcia, A Bouciña, Bustelo, Cascardoso, A Costa, A Ladeira, O Loureiro, O Outeiro, San Pedro.
O concello de Covelo ofrece un conxunto de lugares para visitar diferentes e particulares.
Podemos dividilos en varias categorías:
Lugares de baño con encanto único como a praia de Maceira, praia de Barciademera, e lugares máis convencionais como a piscina municipal de Covelo.
Patrimonio histórico: Covelo é o concello da zona con máis patrimonio histórico, as súas 14 parroquias contan cun grande número de monumentos: cruceiro de Covelo, o conxunto abacial de Barcia de Mera, a ermida de San Xoán do Mosteiro, son os máis emblemáticos, xunto cos xa mencionados no apartado de patrimonio histórico.
Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para mover as máquinas. Construído en 1922 consta de catro edificacións: o serradoiro, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Conta ademais cun centro de interpretación das serras e o val.
Favum, o lugar da cera. O Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños. Durante siglos os cereiros de Covelo elaboraron velas, exvotos e bloques de cera amarela e branca, que os llevou a unha especialización ainda visible hoxe no numeroso legado etnográfico relacionado coa ceraría. O Favum é un exemplo representativo que pode vostede visitar.
Para os amantes da naturaleza as serras do Faro e Suído, os ríos Alén e Tea, os seus afluentes e as súas fragas, son os valores que máis poden satisfacerlles.
Casa Museo Leónides nome que toma da familia propietaria desta vivenda tradicional en A Graña Covelo. O actual museo foi na súa orixe a casa familiar dos Leónides e agora foi cedida pola familia. A vivenda pretende reflectir coa máxima fidelidade como vivían os habitantes da Graña ós que se lle atribúe unha orixe xudea-conversa. A Casa é semellante ás tradicionais pallozas galegas e ten máis de trescentos anos de antigüidade. É a única que se conserva na actualidade nesta parroquia covelense.
MAPA
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901