jueves, 6 de junio de 2013

EIRA DO OUTEIRO - BERESMO - AVION

EIRA DO OUTEIRO
BERESMO
AVION
OURENSE


       
     Das distintas concentracións de hórreos que se poden contemplar en Galicia unhas das máis importantes é a situada en Beresmo no concello de Avión.

 


 No caso que nos ocupa son tres as Eiras que atiopamos en Beresmo, a súa construcción remóntase ó século XIV din alguns.

 


      O igual que aparecen noutros casos, están situados ó lado do núcleo de vivendas, nun campo perfectamente adecentado. Están construídos en cantería e madeira, sendo o teito de pizarra.

 

      A meirande parte deles están en perfectas condicións o que se poden considerar como a colección de hórreos de Galicia de mellor estado de conservación.

 


     Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 




     Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).




     O seu nome procede do veciño río Avia.




     Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.






     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.






      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.




     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 





     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 ºC en xaneiro e 19 ºC en xullo.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901