lunes, 3 de junio de 2013

PONTE DE TAMUXE - O ROSAL

PONTE DE TAMUXE
RIO TAMUXE
O ROSAL


      Os primeiros datos que teño sobre a Ponte Tamuxe non indican nada sobre si era ou non unha ponte construída polos romanos, como sinala a tradición oral que afirmaba que o piso era de madeira e bastante estreito, totalmente obsoleto na primeira década do século XIX. 


     Lembrar que os arquivos do Concello e particulares foran destruídos polas tropas portuguesas cando entraron na Guarda en 1665. O mesmo pasa co Arquivo do Rosal, onde non existe nada oficial relativo ao Tamuxe, o parecer desapareceu cando se fixeron obras de reconstrucción ou remodelación.



     O que si se pode demostrar é que existía en xullo de 1629, que foi construído de novo e  inaugurado o domingo 14 de decembro de 1845, reinando Isabel II.



     Na actualidade está tal como foi construído, ampliado e inaugurado en 1845, e polo que se pode comprobar vamos ter ponte moitos anos debido a que foi construído con gran solidez.



Río Tamuxe
     O río Tamuxe, tamén coñecido como río Carballo ou río Carballas, é un afluente pola dereita do río Miño no seu treito final, morrendo neste a poucos quilómetros da súa desembocadura no mar. Nace no concello de Oia, rega o val do Rosal e desemboca en Pías, no concello do Rosal.



      É un río curto, duns 14 quilómetros, pero que chega a ter un caudal abondoso. Posúe numerosos muíños e pesqueiras que ademais da pesca deportiva ofrecen a posibilidade de se bañar con zonas amplas de profundidades maiores dos dous metros no verán.


 

     Na súa cabeceira atópanse as pozas de Loureza, no lugar do mesmo nome dentro do concello de Oia. Nelas é posible nadar, tirarse á auga desde diferentes alturas e tomar o sol; ademais é habitual a práctica do nudismo.



MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901