CAPILLA DE SANTA MARTA
VILAR
TEO
A CORUÑA
Percorrendo o Concello de Teo, son de visita obrigada os adros parroquiais, cada un con séculos de permanencia e a súa historia particular:
San Simón de Ons, de Cacheiras, co seu via crucis do século XVIII.
San Xoán de Calo, pertencente ó barroco, e do cal o escudo nobiliario pertence ós Condes de Altamira, señores de A Mahía.
San Xoán de Recesende: no seu camposanto levábase a cabo unha vella tradición, consistente en que tres mulleres, chamadas as tres Marías, facían dar voltas sobre a lápida dunha tumba ós nenos apoucados, para sacarlles o asombramento.
A igrexa de Luou, do século XIX. Esta igrexa foi trasladada a outro emprazamento xunto coa Fonte de Santa Margarida ou Santa Rita, que se conserva en óptimas condicións, e as súas augas son consideradas milagreiras ou curativas, xa que, co seu contacto, desaparecen as verrugas e outras afeccións da pel.
O adro de Santo Tomé de Vilariño, cunha necrópole da Idade Media.
Cara o sur atoparemos varios mosteiros medievais: San Miguel de Rarís, Reis, Teo, Bamonde, e o adro de San Cristobo de Reis, do románico medieval.
Existen numerosos cruceiros diseminados por todo o Concello de Teo, entre os cales cabe salientar o do adro de Teo, do século XVI, e sobre todo, o de Francos, do século XVI. Esta cruz debuxouna Castelao con gran precisión, preguntándose se os cruceiros non virían a Galicia a través do Camiño de Santiago, como antes viñeran as cruces dos peregrinos.
Dentro desta mesma arte sacra, outra curiosidade constitúena os petos de ánimas, pequenos altares ó aire libre, diseminados por todo o concello, nos que se rende culto ós defuntos.
En Bamonde, a casa reitoral ocupa un lugar destacadísimo na historia de Teo e de Galicia mesma. Alí durmiu, a noite do 22 de Abril de 1846, o Xeneral La Concha, antes de iniciar, ó día seguinte, a batalla de Cacheiras.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Hola,pasei onte por este santuario e buscando información atopo o teu post onde hay nove fotos do santuario pero a información corresponde a outros edificios. Unha mágoa porque o santuario está ao carón do castro que hay no cumio do monte. Por algo será. Sendo sanruario, ou tivo reliquias ou apareceu un espíritu por alí. Pero non atopei nada na web.
ResponderEliminar