CAPELA DE SAN ANTONIO
POUSADOIRO
VILAGARCIA
Polas súas características xeográficas, é un foco de atracción para moitas persoas, que escollen esta cidade para fixa-la súa residencia, xa sexa primeira, segunda ou de vacacións.
E isto non é casual. Poucas cidades poden
ofrecer unha situación e un clima como o que goza Vilagarcía,
á beira do mar e sen temperaturas estremas, e, ademais,
porto de interese xeral, estación do ferrocarril, acceso
directo á autopista, aeroporto a media hora de camiño,
hospital, recinto feiral, cámara de comercio, un rico patrimonio
histórico-artístico, unha gastronomía na
élite galega, comercio tradicional e franquías internacionais,
praia e porto deportivo con bandeira azul, paseo marítimo,
complexo polideportivo que inclúe piscina e estadio de
atletismo, festas de interese turístico e unha ampla e
variada oferta lúdica, cultural e deportiva.
Por
todas estas razóns, Vilagarcía de Arousa é
un lugar ideal para vivir tranquilamente, con tódolos servicios
dunha cidade sen os agobios desta e coa posibilidade de disfrutar
da oferta lúdica dos principais concellos galegos sen necesidade
de grandes desprazamentos.
En definitiva, un lugar con calidade
de vida. Pero, por iso mesmo, Vilagarcía é
tamén un lugar ideal para establece-lo “centro operativo”
dunhas vacacións inolvidables en Galicia.
Vilagarcía,
que ten festas declaradas “de interese turístico”
(procesión de San Roque, Festa da Auga, Festa da Ameixa
de Carril, Combate Naval, Mostra do Albariño...), está
a media hora de Santiago (Patrimonio da Humanidade) e de Vigo,
coa súa oferta comercial e lúdica, a 25 quilómetros
de Pontevedra, a capital provincial, a 12 de Cambados (Festa do
Albariño e conxunto histórico), a 30 do Grove (Festa
do Marisco) e A Toxa (Gran Hotel e Balneario), a 8 de Catoira
(Romaría Viquinga), a 25 de Sanxenxo (capital do turismo
galego), e a pouco máis dunha hora de Portugal por autovía...
Ademais,
en Vilagarcía é fácil practicar calquera
tipo de deporte. A maioría dos hoteis da localidade teñen
un convenio co Club de Golf de Meis (a 12 quilómetros),
o primeiro público de Galicia, do que o Concello é
socio principal. E Vilagarcía e a súa ría
son o paraíso dos amantes da vela e os deportes náuticos.
Bo clima, cordialidade, situación privilexiada, calidade de vida, patrimonio histórico, gastronomía, ocio, deportes náuticos, praia urbana, festas de interese turístico... todo esto e máis é o que ofrece ó viaxeiro Vilagarcía, Cidade de Arousa, Mar de Compostela.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901