sábado, 4 de septiembre de 2021

PENA DA MULLER - SERRA DO LAROUCO - CUALEDRO

 PENA DA MULLER

SERRA DO LAROUCO

CUALEDRO

 Pena Muller
     A Serra do Larouco (1.538 msnm) é, sen dúbida, o monumento natural máis senlleiro do concello de Cualedro.

     Divisoria natural entre as comarcas de Monterrei e A Limia, O Larouco é unha cordal montañosa común a Galicia e Portugal que atesoura excepcionais valores paisaxísticos, naturais e culturais.

     Se iniciamos o ascenso desde a aldea de Lucenza, un dos seus accesos naturais, atoparemos as cortiñas da Casa da Neve e, pouco despois, unha serie de monumentais afloramentos graníticos que foron modelados polo tempo. 

     Vento, sol, neve e chuvia conseguiron recortar no horizonte unha serie de batólitos naturais con formas caprichosas, algunhas delas con aspecto figurativo: un dromedario, un galo, un can e hai quen di incluso que un lobo.

     Pero entre todas elas destaca unha, a coñecida como Pena Muller, un penedo granítico natural e notable altura cuxo perfil recorda a silueta dunha dama un tanto abstracta en realidade que foi esculpida co cicel ventureiro do tempo.

     Na década de 1980 celebrouse aos pés da Pena Muller a Festa do Larouco, promocionada por un grupo de entusiastas de ambos lados da raia. 

     Iniciada sempre co alborear da gaita, os actos incluían unha ofrenda simbólica ao deus Larouco, en palabras de Rodríguez Colmenero, “destinatario preferente que foi da fe relixiosa e culto dos comarcanos en datas anteriores á chegada do cristianismo”.

 Serra do Larouco
     A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal.

     Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

     É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. 

     Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

     O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Cualedro

XOAN ARCO DA VELLA



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901