viernes, 3 de septiembre de 2021

PAZO DE SUATORRE - SUATORRE - ARCOS - CHANTADA

 PAZO DE SUATORRE

SUATORRE

ARCOS

CHANTADA


Pazo de Suatorre
     Morada que foi dos Temes, sufriu moitas modificacións. O que nos queda danos testemuña da importancia que tivo esta edificación.

     Nunha visita realizada no ano 1999 apréciase que do pazo propiamente dito tan só queda un muro de pedra cun corredor e as respectivas escaleiras. 

     No muro do nacente existe un escudo a xeito de ovalo con helmo e catro divisións: Tau, bandas diagonais, tres barras horizontais e un lis.

     No pombal, que posúe unha planta circular, óllase un escudo coa cruz de Santiago. A portada, a xeito de medio punto, está formada por doelas e no frontón, coroado por un cruceiro, aprécianse unha serie de escudos que fan un conxunto monumental; por riba dun escudo sito no frontón apréciase a seguinte inscrición: DERELINQUAM QUASI LEO UMBRACULUM MEUM QUI ERVA ERUN INTER FACTA EST DESOLATIONE AB FATIE ORAE COLUMBAE. Outra inscrición di: SE COMPUSO AÑO DE 1510.


Suatorre
     Suatorre e un lugar na parroquia de Arcos, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, na provincia de Lugo.

     No ano 2008 tiña 9 habitantes, dos que 5 eran homes, e 4 eran mulleres; o que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Arcos

     Santa María de Arcos é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Tiña 117 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 64 homes e 53 mulleres.

     O que supón unha diminución de 42 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 159 habitantes (82 homes e 77 mulleres).

Patrimonio
    Torre de Arcos, único vestixio que resta do castelo de Témelos, declarada Ben de Interese Cultural o 17 de outubro de 1994.
    Igrexa de Santa María de Arcos, construída no século XII, sufriu importantes reformas no XVIII.

Lugares de Arcos
     Arcos, Arsilleiros, Casteda, Os Catro Camiños, A Elfe, Gomesende, Lamasendín, Mouriscados, Outeiro, Río, Souto, Suatorre, A Torre, O Vento, Vilanova, Vilariño

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 

     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Chantada

XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901