domingo, 12 de septiembre de 2021

IGREXA DE SAN NICOLAO DE NOVÁS - NOVÁS - XINZO DE LIMIA

 IGREXA DE SAN NICOLAO

NOVÁS

XINZO DE LIMIA

 Novás
      San Nicolao de Novás é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. 

     Segundo o IGE en 2013 tiña 91 habitantes (42 homes e 49 mulleres) distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes.

Historia
      Pertenceu ao concello de Moreiras que foi incorporado en 1927 a Xinzo de Limia.

Lugares de Novás
     O Mosteiro, Novás, Queirugás

Xinzo de Limia
     Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes.

     O seu xentilicio é «limiao», «limego» ou «límico».

     Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Historia
     Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga. A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Finalmente recobrada por Fernando II, pasando a constituír un condado.

     En 1927 o concello de Moreiras incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.

Entroido
     Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración. Iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo. A procesión do Meco ten lugar desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, apeiros de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional.

     O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o xogo da ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo. A noite das mulleres reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares.


     O domingo corredoiro saen as pantallas. Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. Este martes ten lugar o desfile de entroido. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón.

      O ciclo péchase o domingo de piñata.

Parroquias de Xinzo de Limia    
     Boado (San Pedro), Cima de Ribeira (San Miguel), Damil (San Salvador), Faramontaos (San Salvador), Ganade (San Bartolomeu), Gudín (San Miguel), Guntimil (San Xoán), Lamas (Santa María), Laroá (Santa María), Moreiras (San Tomé), Morgade (San Tomé), Mosteiro de Ribeira (Santa María), Novás (San Nicolao), Parada de Ribeira (San Salvador), A Pena (San Pedro), Piñeira Seca (Santo André), San Pedro de Laroá (San Pedro), Seoane de Oleiros (San Xoán), Solbeira de Limia (San Pedro), Xinzo de Limia (Santa Mariña)

Comarca da Limia
     A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.

     A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901