domingo, 5 de septiembre de 2021

CONSTRUCIÓN SINGULAR EN SUATORRE - AMBÍA - BAÑOS DE MOLGAS

 CONSTRUCIÓN 

EN  SUATORRE

SUATORRE

AMBÍA

BAÑOS DE MOLGAS

      O Outeiro da Torre (en Suatorre) era o lugar onde ser erguía o castelo dos “Señores de Ambía”, emparentados ca importante figura histórica de San Rosendo Méndez, bispo de Santiago de Compostela e fundador de numerosos mosteiros e cenobios.

      O que hoxe podemos ver, nesta pequena aldea, son as bases nas que se asentaban os muros do castelo e o camiño de acceso, que hoxe forman as rúas de Suatorre.

     Sábese que as pedras da fortaleza se utilizaron para a construción de vivendas na veciña Vilameá.

     Un monumento importante desa época medieval é “O Pilo”, un sartego funerario ao pé dun castiñeiro, que pudo pertencer a algún dos “Señores de Ambía” alí enterrados.

      Outro elemento de interese é a “Cruz da Inquisición”, a súa sede estaba nunha aldea veciña, mais rematou formando parte da decoración dunha vivenda particular en Suatorre.

     Un dos señores máis recoñecidos de Ambía foi Don Paio Arias de Ambía, que foi o primeiro señor de Soutomaior, ao servizo do Rei Alfonso VII e tamén un dos seus descendentes Paio Méndez de Soutomaior Pérez de Ambía, que por teren loitado nas Navas de Tolosa para o Rei Alfonso VIII, converteuse no “principal” e fundador da casa Sotomayor de Toledo.

Suatorre
     Suatorre é un lugar da parroquia de Ambía no concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda.

     Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 14 habitantes (7 homes e 7 mulleres).

Ambía
     Santo Estevo de Ambía é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda.

     No ano 2007 tiña 133 habitantes (64 homes e 69 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 48 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Ambía
     A Acea, O Calvario, Fondodevila, Outeiro, Pazos, As Penas, Santa Eufemia, Suatorre, Vilameá, O Viñal 


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Baños de Molgas

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901