IGREXA DE SANTA MARÍA
MOSTEIRO
GUNTÍN
Mosteiro
Santa María de Mosteiro é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.
No ano 2020 tiña 109 habitantes, deles 60 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2019.
Lugares de Mosteiro
O Barrio, A Corredoira, Mosteiro, Outeiro, Vigo de Mosteiro, Vilar, Xubín
Guntín
Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.
Xeografía
O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita ai norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e co Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei.
Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.
Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro.
Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.
Patrimonio
O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979.
Outros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.
Economía
No concello destaca o sector primario. Ten 2.000 ha de prados naturais e pasteiros, máis de 4.000 de terras de labranza (destacando o pemento, centeo, pataca, millo e nabo), e unhas 9.000 de uso forestal (carballo, castiñeiro, piñeiro do país e pequenos grupos de freixos, bidueiros, e cerdeiras).
Parroquias de Guntín
Castelo de Pallares (San Salvador), Costante (San Miguel), Entrambasaugas (Santiago), Ferreira de Pallares (Santa María), Ferroi (Santiago), Francos (San Salvador), Gomelle (Santiago), Grolos (Santa Cruz), Guntín de Pallares (San Salvador), Lamela (Santa Mariña), Lousada (Santa Eulalia), Monte de Meda (San Martiño), Mosteiro (Santa María), A Mota (Santo Estevo), Mougán (Santa María Madanela), Navallos (San Pedro), Ourol (San Xulián), Piñeiras (San Mamede), Pradeda (Santa Eulalia), San Cibrao de Monte de Meda (San Cibrao), San Mamede de Lousada (San Mamede), San Romao da Retorta (San Romao), Santa Cruz da Retorta (Santa Cruz), Santa Euxea (San Xoán) | Santa María de Ferroi (Santa María), Sirvián (Santa María), Vilamaior de Negral (San Lourenzo), Vilameá (San Martiño), Vilamerelle (San Vicente), Vilarmao (San Miguel), Zolle (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901