lunes, 13 de septiembre de 2021

IGREXA DA CONCEPCIÓN - O ROBLEDO DE LASTRA - RUBIÁ

 IGREXA DA CONCEPCIÓN

O ROBLEDO DE LASTRA

RUBIÁ

 O Robledo da Lastra
     A Nosa Señora da Concepción do Robledo de Lastra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá.

      Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 62 habitantes (34 homes e 28 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes.

Lugares do Robledo da Lastra
     O Robledo da Lastra

Rubiá
     Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes. O seu xentilicio é «rubiao».

Xeografía
     O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

     É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

Historia
     A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.

     Na idade media albergou varios mosteiros. Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.

     Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.

Sendeirismo
     Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.

     No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.



Parroquias de Rubiá
     O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. 

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa. 

 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos cedidas por: C.P.C

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901