miércoles, 8 de septiembre de 2021

CAPELA DE SAN BASTIÁN - A XIRONDA - CUALEDRO

 CAPELA DE SAN BASTIÁN

A XIRONDA

CUALEDRO

 A Xironda
San Salvador da Xironda é unha parroquia do concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín. 

     No ano 2007 tiña 445 habitantes (210 homes e 235 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 38 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares da Xironda
     A Pedrosa, A Xironda

Cualedro
     Cualedro é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.808 habitantes.

Xeografía
     Está integrado na comarca de Verín-Monterrei e pertence ao Partido Xudicial de Verín e á diocese de Ourense. Abarca unha superficie de 117,5 km². A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, sita a 840 m sobre o nivel do mar. 

     O termo municipal de Cualedro, segundo o nomenclátor de 1996, ten un total de vinte entidades singulares de poboación agrupadas en dez parroquias, sendo practicamente inexistentes os asentamentos dispersos.

     Limita ao norte con Laza e Sarreaus, ao leste con Laza e Monterrei, ao oeste con Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus, ao sur con Montalegre, en Portugal.

     As vías de comunicación máis importantes coa cidade son a autovía A-52 e a estrada N-525, que teñen accesos á capital do municipio nos lugares de Lamas e As Estibadas, respectivamente.

Parroquias de Cualedro     
     Atás (Santa María), Baldriz (San Bartolomeu), Carzoá (San Roque), Cualedro (Santa María), Lucenza (Santa María), Montes (Santa Baia), Rebordondo (San Martiño), San Millao (Santa María), Vilela (Santiago), A Xironda (San Salvador)

Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
     Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

      Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). 

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

Particularidades
     Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

     Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901