domingo, 5 de septiembre de 2021

RUINAS DA IGREXA DE SANTIAGO DE RIBAS DE MIÑO - O PÁRAMO

 RUINAS DA IGREXA DE SANTIAGO

RIBAS DE MIÑO

O PÁRAMO

 Ribas de Miño
     Santiago de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 85 habitantes, deles 42 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 92 habitantes.

Lugares de Ribas de Miño
     A Escrita, Outeiro, Pedrouzos, Ribas de Miño, Vilar

O Páramo
     O Páramo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1484 habitantes.

Xeografía
     O concello do Páramo está situado ao sur da provincia de Lugo, e ten 74,8 km². A zona norte está situada na Chaira de Lugo, a unha baixa altitude e cun relevo chan. 

      A zona sur linda coa serra do Páramo, que se estende de suroeste a nordeste. Nela están as cumios máis altos do concello: o Monte do Páramo (876 m), o Monte Maior (792 m) e o Monte Novo (604 m).

Rede Fluvial
     O Páramo está situado na conca do río Miño, que serve de fronteira natural cos concellos de Portomarín e Guntín. O río Neira serve de fronteira polo norte. O río Sarria flúe polo leste do concello.

Historia
     Segundo Manuel Amor Meilán, a primeira referencia escrita sobre as terras do Páramo data do concilio de Lugo celebrado en 569, onde se estableceron os límites dos once condados pertencentes á diocese de Lugo.

     O Condado Paramiensis, limitado pola confluencia do Sarria e o Neira polo noroeste, seguindo a marxe do Neira polo norte, o Miño polo oeste, e o Sil polo sur. Ademais de Sáa de Páramo, abranguía as parroquias de Vilasante, Ribeira, Chanca, Paradela e O Incio.

     Na Idade Media existiu o convento de San Salvador do Páramo, xa existente no século X, segundo se le na carta de restauración da igrexa de San Xoán de Friolfe, datada en 910, asinada por catro abades, oito presbíteros, catro diáconos e sete testemuñas.

     No ano 1255 Afonso X confirmou un privilexio que expedira en 1246, sendo infante, a favor da Orde Hospitalaria de Sarria, polo cal facía doazón de Páramo en Gallicia que yaze en onor de Sarria como parte de Riva de Neira.

     En 1812, trala reordeación territorial, O Páramo intégrase na provincia única de Galicia. En 1822, coa división en catro provincias, e coa ordenación territorial de 1833, queda adscrito á nova provincia de Lugo.

Patrimonio
     Existen restos prehistóricos, coma os túmulos megalíticos achados na Parroquia de San André da Ribeira. Da cultura castrexa consérvanse os castros de Friolfe, Gondrame, Moscán, Torre, Vilarmosteiro e Piñeiro. Consérvanse as medorras da Gándara e A Torre.

     Do románico consérvanse as igrexas parroquiais de Grallás, Vilarmosteiro, Gondrame e Vileiriz. Esta última, do século XII, ten a ábsida rectangular. Outros templos menores son a capelas de Regueiroescuro ou a de Santa Engracia.

     O pazo de Vilafiz ten planta rectangular. Conta cun pombal de mampostaría e cadeirado de granito nas esquinas, portas e ventás. 

     A capela, situada a carón do pazo, ten un campanario barroco.

     Outras construcións civís de importancia son o pazo de Paredes, a Torre de Neira (construída en 1849), a casa medieval de Sarmiento, a casa da Barreira, casa da Mámoa, casa Teixeiro, torre da Barreira e torre do Mariscal.

     Na carballeira do Campo da Feira celébrase os días 10 e 25 a feira.

Parroquias do Páramo
     Adai (Santa Mariña), Friolfe (San Xoán), Gondrame (Santa María), Grallás (Santo Estevo), Moscán (Santa María Madanela), Neira (Santa María Madanela), Piñeiro (San Salvador), Reascos (Santa María), Ribas de Miño (Santiago), A Ribeira (San Mamede), Sa (Santiago), San Vicente de Gondrame (San Vicente), Santo André da Ribeira (San Pedro), A Torre (San Martiño), Vilafiz (Santa María), Vilarmosteiro (Santa Eufemia), Vilasante (Santa Cruz), Vileiriz (San Salvador)


Comarca de Sarria
     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria. 

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901