martes, 2 de agosto de 2016

SONIA GARCÍA - ESCRITORA

SONIA GARCÍA
ESCRITORA
AUTORA DO LIBRO DO COUREL


      Entrevista a Sonia Mª García García, autora do Libro do Courel, para os seguidores de O Paraíso existe...
 

* Algo sobre ti..
     Son Licenciada en Xeografía e Historia pola USC  e profesora de vocación. Según vou avanzando na vida, profundizo nos temas que máis me aportan e interesan, e incorporo outros que me enriquecen como a fotografía ou viaxar, dentro das miñas posibilidades, por dar algúns  exemplos. Escribir sempre me gustou. Tamén a investigación e o traballo de campo, así que unín os dous ámbitos para dar vida a este Libro do Courel. Publicara xa artigos especializados en xeografía, historia e arte pero este é o meu primeiro libro. 



* Por qué O Courel?
      Estou convencida de que non elexín O Courel para facer este libro, senón que O Courel me elexiu a min para que me fixara nel. Dende o minuto un que pasei nesta comarca, hai xa moitos anos, quedei enfeitizada, metida na súa gaiola, pero non entre as rexas dunha prisión, senón precisamente do contrario, unha gaiola de liberdade. Aquí síntome libre para sentir a terra, para percibir o aroma do noso, para ver a esencia da Galicia da montaña, para palpar un mundo que permaneceu inalterado durante séculos e que agora se acaba, para non mirar o reloxio, para falar coa xente e, sobre todo, para escoitala...E non me quero ir. 



     O Courel é paisaxe, paisanaxe, auga, ceo, rocha... É vida e morte, é unha cova, é unha casa de pedra, un feixe de herba, un castro, un pedaciño de ouro, riqueza e pobreza, é o sonido da curuxa e a palabra dun poeta...É único.


 O Courel é paisaxe, paisanaxe, auga, ceo, rocha... É vida e morte, é unha cova, é unha casa de pedra, un feixe de herba, un castro, un pedaciño de ouro, riqueza e pobreza, é o sonido da curuxa e a palabra dun poeta...É único.


* Un soño?
     Paso a vida soñando pero sempre volvo á terra. Ainda así, soño cunha casiña no Courel onde escribir e pasar os meus días. Soño cunha terra viva, cunha conciencia responsable do patrimonio que temos, co respeto ó mundo que  nos da a vida. Co fin das esclavitudes que nos veñen impostas por unha sociedade morta en moitos valores que considero importantes...Soño..



Soño cunha terra viva, cunha conciencia responsable do patrimonio que temos, co respeto ó mundo que  nos da a vida. Co fin das esclavitudes que nos veñen impostas por unha sociedade morta en moitos valores que considero importantes...Soño..


* Estás traballando en novos proxectos?
     Sí, non podo estar parada. Agora mesmo estou coa primeira corrección dunha novela histórica que terminei hai uns días. O ámbito no que transcurre é, de novo, O Courel, e a historia transcurre nunca época pasada fundamental para este territorio e as xentes que o habitaban. É unha obra que me emociona especialmente e espero que pronto esté a disposición dos lectores.



* Máis cousas?

     Seguro que haberá máis cousas, máis proxectos que están xa na miña cabeza, pero vou pasiño a pasiño.


* Cres que coñecemos o país?
     Hai moito descoñecemento, moitos compartimentos estancos, moito turismo interior e exterior dirixido sempre cara ás mesmas cousas que están moi ben, pero hai moito máis. 



     Sen embargo, hai quen tamén coñece ben o país, claro que sí. Moitas e moitos nos preocupamos por coñecelo máis alá das estampas típicas. E ademáis íntegramente. Galicia é un conxunto de moitas cousas, de moitas xentes, de moitas paisaxes, de moitas vicisitudes distintas, da herdanza de épocas pasadas, dos distintos pobos que nos visitaron e que forman parte do todo que somos hoxe, pero tamén é o futuro. O que creo que sucede é que os que nos interesamos dun modo sensible polo país estamos moi dispersos, e cando atopas unha persona que sinte as mesmas inquietudes por él, unha queda abraiada porque se nos escoita pouco e, ás veces, nós mesmos pensamos que somos algo así como bichos raros, dito dun modo coloquial. 



    Eu invito a todos e a todas a que coñezan Galicia de verdade, a modiño, sen presas, dun modo personal, nun camiño exterior e interior. 


     Hai moitas Galicias, nunca se coñece del todo, pero podemos intentar acercarnos a ela e nos acollerá como unha  nai.


     Hai moitas Galicias, nunca se coñece del todo, pero podemos intentar acercarnos a ela e nos acollerá como unha  nai.


* Qué necesita?
     Galicia necesita xente que a queira, que crea nela e a respete. Hai que progresar, hai que estar no mundo, pero non a calquer precio, penso eu. Gústame moito atopar, nas miñas viaxes, a esencia dos lugares, as súas peculiaridades, as que o fan diferentes doutros, vivindo todos no mesmo planeta. Creo que todos valemos o mesmo, que ningún pobo é mellor ou peor que outro, que ser diferentes nos enriquece para aprender. Ten tan pouco sentido construir rañaceos na Antártida porque os haia en Nova Iorque, como querer convertir Galicia en algo que non nos é propio. 



     Hai un lugar para cada cousa, e cada cousa ten que estar no seu lugar. Ás veces me pregunto si os visitantes de Galicia se van coa idea real do que é Galicia, ou, polo menos, de que é máis importante.


      Galicia necesita xente que a queira, que crea nela e a respete. Hai que progresar, hai que estar no mundo, pero non a calquer precio


* Animarías ás xentes a coñecer e mostrar?
     Sí, a coñecer de modo responsable e respetuoso. Entendo que en Galicia temos uns recursos importantísimos e que só coñecendo realmente o seu valor haberá quen a respete. Pero Galicia é moi diversa, e non todos os lugares son iguales. Temos sitios moi delicados ós que non lles convén, por exemplo, unha presión humana numerosa. Con ela poden poñerse perigro ou incluso facer que perdan o seu atractivo. É algo que se debería estudiar seriamente e intentando non ser egoístas como humanos, senón xenerosos co Patrimonio que temos en tódolos ámbitos. 



     Non entendo, por exemplo, que haia necesidade de  chegar co coche a todas partes, nin que se poña de moda un sitio polas redes sociais e acudamos en masa a machacalo. As cousas se poden facer de dúas maneiras: ben ou mal. 


     E creo que aquí temos moito por aprender de cómo darnos a coñecer pero inculcando un respeto e ofrecendo calidade. Si nos respetamos, nos respetarán, nos coñecerán mellor...Os de fora e os de dentro. 


     En canto a mostrar, é necesario tamén de modo responsable. É importante mostrar para que algo non se perda, para que algo non se olvide, para que algo se coñeza, ainda que ás veces, o que se mostra cae en mans de que non o merece, e da un pouco de medo.

 

     Pode que sexa quizá unha forma de pensar egoísta. De calqueira xeito,  eu me desenvolvo nas Ciencias Sociais, e os investigadores de calquera ciencia, deben mostrar os seus estudios á comunidade científica. E desde aí, ó mundo. Eu fixen O Libro do Courel para mostralo, e espero que fixera ben.  Estou convencida de que sí.

* Qué meterías na mochila?
     Un mapa, unha cámara de fotos, un libro, respeto e ganas de aprender. Tampouco viría mal un pouco de auga e algo de chiculate...



* Qué deixarías atrás?
     Creo que todos temos lastres que nos gustaría ir deixando á beira do camiño. Xente tóxica, algún mal recordo...pero sin duda, deixaría atrás todo o material. 



     Pensastes algunha vez, por qué moitos dos soños son caros? Aferrámonos demasiado ás cousas e hai quen sempre intenta sacarlle partido. Soñamos, non sempre o conseguimos, e iso nos fai infelices cando temos tanto que agradecer e disfrutar...


Creo que todos temos lastres que nos gustaría ir deixando á beira do camiño.
     


* Déixanos algo no que pensar...
     Unha cuestión que lanzo ó aire...Coñecemos bastante do pasado de Galicia, vivimos o seu presente pero, cara á onde vai?


Unha aperta afectuosa para todos.



Nota:  
     Empecei o libro, e solo puiden ler catro veces a nota da autora, emocioneime outras tantas veces....volverei a léela e de seguro volverei a sentir a mesma emoción.
     Xa falaremos do libro a detalle en uns dias.

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 
XOAN ARCO DA VELLA

4 comentarios:

  1. Noraboa aos dous! Preciosa entrevista. Palabras cheas de amor e respecto pola nosa terra. Grazas!!!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa aos dous! Preciosa entrevista. Palabras cheas de amor e respecto pola nosa terra. Grazas!!!

    ResponderEliminar
  3. Unas fotos preciosas, perfecto reflejo de nuestra querida tierra que tanto nos queda por descubrir! Una entrevista muy interesante! Noraboa aos dous !

    ResponderEliminar
  4. Muchisimas gracias Vivi y Lidia... apertas mil.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901