domingo, 3 de enero de 2016

MUIÑO DO COUTO - SOBER - LUGO

 MUIÑO DO COUTO
RÍO XABREGA
SOBER
LUGO


      No regueiro do Xabrega atópase o máis importante conxunto de muíños do municipio de Sober.


     En pouco máis de tres quilómetros de lonxitude, as súas augas movían 28 muíños e dous batáns.



     Este excepcional conxunto etnográfico foi restaurado parcialmente polo taller municipal de emprego, no tramo comprendido entre a aldea da Boca e a desembocadura do regueiro no Sil, no lugar de Os Chancís.



     A ruta comeza no lugar de Pouso do Branco, a 500 metros da aldea de A Boca. O sendeiro baixa ao principio cara o regueiro do Xabrega. 




     O primeiro muíño que se atopa é o de Roque do Arroxó, de rexos muros e en bo estado de conservación. Agora hai que camiñar polo muro do caneiro ou canle de condución da auga para visitar os dous muíños seguintes, chamados de Nemesio da Boca.


     En ambos os dous casos rehabilitáronse integramente os muros, o cubo e a cuberta. O de maiores dimensións tiña habilitada no seu interior unha estancia que era utilizada polo propietario para descansar.



     De volta ó sendeiro, hai que cruzar o regueiro por uns pasadoiros de pedra e volver camiñar polo caneiro, que agora dá acceso ao muíño do Ramiro da Boca, tamén restaurado integramente. Nesta zona pódese observar a altura á que se elevan os caneiros, que parecen verdadeiros acuedutos.



     A continuación hai outros dous muíños, chamados do Chucán do Couto. No primeiro consolidáronse os muros e sobre o segundo construíuse unha plataforma para poder observar o funcionamento do rodicio, ao que foi adaptado un xerador eléctrico.



     Este lugar era denominado A Calzada, xa que por aquí pasaba unha calzada romana, os restos da cal se poden apreciar neste tramo.



     O seguinte muíño é o dos Nabás, do que só quedan os muros. Neste lugar, coñecido como A Alvariza, o camiño bifúrcase. O ramal da esquerda bordea un saliente rochoso, discorre entre altos muros de pedra e únese novamente, douscentos metros máis adiante, ó camiño principal.



     Hai que seguir polo camiño da dereita, que cruza o regueiro por unha pequena ponte de pedra e conduce seguidamente ó muíño do Conde de Camilo. Esta construcción conserva en bo estado os seus altos muros e no seu interior gárdanse dúas pedras de muíño que funcionaban de forma simultánea.



     Unha delas fíxose con granito do país e a outra é do tipo denominado albar –de pedra máis fina-, coa que se moía o trigo. Este lugar chámase As Garduñeiras, nome relacionado co carácter abrupto e boscoso do terreo.


MAPA

Fuente: Concello de Sober
SÍGUENOS:
Facebook
XOAN ARCO DA VELLA  
O PARAISO EXISTE  
Twitter
XOAN ARCO DA VELLA
Pinterest
XOAN ARCO DA VELLA 
Google+
XOAN ARCO DA VELLA
Instagram
XOAN ARCO DA VELLA 
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901