domingo, 3 de enero de 2016

IGLESIA DE PROENDOS - SOBER - LUGO

 IGLESIA DE PROENDOS 
SOBER
LUGO

 Igrexa de Santa María de Proendos
     Igrexa de primitiva traza románica do século XII. O templo actual, levantado sobre o primitivo, é de planta rectangular con ábsida da mesma forma, aínda que algo máis estreito. 


     Das formas románicas só quedan restos na ábsida. No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes curtos, cilíndricos e monolíticos. É un caso peculiar en Galicia similar ao do templo de Santa María de Albán en Sarria. 


     Na capela maior consérvanse interesantes pinturas murais, datadas no século XVI, nas que se representa a Adoración dos Reis, a Adoración dos Pastores, a Fuxida de Exipto, San Blas e a Visitación, complementadas cunha serie de motivos xeométricos e florais.


Proendos
     Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 216 habitantes, 98 eran homes e 118 eran mulleres.



 

Lugares de Proendos
     O Campo, A Carqueixa, Castaxúa, Corvelle, Francos de Proendos, Froxán, As Laxas, Mer, Outeiro, Os Pacios, A Pena de Proendos, Proendos, San Xillao, Sober o Vello, Vilastrille de Abaixo.


Sober
     Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2014 era de 2.453 persoas. O seu xentilicio é «soberino».



Xeografía
     Sober atópase na Terra de Lemos. Limita ao norte e leste con Monforte de Lemos, ao norte e oeste con Pantón e o río Cabe, e ao sur co canón do río Sil. Ten unha superficie de 134 km², e sitúase a 77 km da capital da provincia.



Economía
     O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.



     A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.


     A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).


     O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia ca o mercado de produtos.


Viño de Amandi
     Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.



     Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.


     Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi. 


Historia
     Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
     Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.



     Da constiución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.
     No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.
 


Patrimonio histórico e artístico
    A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
XOAN ARCO DA VELLA  
O PARAISO EXISTE  
Twitter
XOAN ARCO DA VELLA
Pinterest
XOAN ARCO DA VELLA 
Google+
XOAN ARCO DA VELLA
Instagram
XOAN ARCO DA VELLA 
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901