domingo, 3 de enero de 2016

IGLESIA DE SAN XULIÁN - LOBIOS - SOBER

 IGLESIA DE SAN XULIÁN
LOBIOS
SOBER
LUGO


      Nas terras de Sober encontramos restos artísticos que van desde os tempos protohistóricos ata a época moderna. 


     Os homes neolíticos e da idade dos metais coas súas insculturas e as súas construcións megalíticas deixaron claras pegadas da súa presenza por estes lugares. A cultura castrexa foi unha das que tivo maior presenza en Sober. 


     De feito os primeiros soberinos pertenceron a algunha das tribos que Plinio denominou Lémavos e que se situaban no que hoxe é a Comarca de Lemos. 


     Os romanos, que entraron polo curso fluvial do río Sil, tamén deixaron a súa pegada en Sober, aínda que en menor medida. Tamén o fixeron os suevos e os musulmáns.


     

     Pero foi o románico, como cultura e estilo artístico, o que maior pegada deixou nas ribeiras do Sil, leito fluvial do que Sober é un dos seus fillos. 


     O fenómeno da peregrinación a Santiago propiciou a afluencia de xente a Galicia, alcanzando unha gran transcendencia no século XII. A ruta fixa que seguían os peregrinos desde Francia, aínda que había varios itinerarios, denominouse Camiño de Santiago.
 


     

     A partir do século XI os monarcas dos diferentes reinos polos que cruzaba o camiño, así como as ordes relixiosas, encargáronse de construír e mante-las infraestruturas que facían posible a peregrinación, en especial, pontes e hospitais. O tránsito continuado de persoas por esta ruta favoreceu o tráfico comercial e de ideas. Exercían tamén un labor colonizador das terras deshabitadas. 


     Nacen novos burgos e vilas e o clero levanta ermidas, capelas e igrexas para atende-las necesidades do culto. Polo Sil entrou en Sober a cultura románica que incorporou, ás formas e ideas autóctonas, os novos esquemas procedentes de Europa e do norte peninsular.


     As igrexas de Canaval, Proendos, Lobios e Pinol, entre outras, son froito en Sober da etapa florecente que representou para Galicia o fenómeno das peregrinacións.


Templo de San Xulián de Lobios
     Lobios está situado xeograficamente ó sur do territorio soberino, moi preto do río Sil. A igrexa de Lobios, polo topónimo de Mosteiro polo que se lle denominaba, debeu estar vinculada a algún centro monacal.



     O templo de Lobios é un interesante exemplar do románico rural do século XIII, con notas que falan de transición ó estilo oxival. A sancristía é posterior e a espanada é barroca.


     É de nave rectangular con ábside tamén rectangular. Dous contrafuertes exteriores en cada lado, dividen os alzados laterales en tres pequenos entrepaños. As cubertas con de madeira a dúas augas na nave, en tanto que a cabecera cóbrese cunha bóveda sinxela de crucería no tramo inmediato á nave e con bóveda de canón apuntada no tramo do trasteiro.


     A fachada principal ten unha porta construída sobre un taboleiro saliente que remarca o seu abocinamiento, con arco de medio punto apuntado, con catro arquivoltas de bocel decoradas con rosetas e bólas, jambas con mochetas e tres columnas de fuste monolítico. Os capiteis presentan decoraciones de motivo vegetal. Non ten tímpano. Na parte alta da portada principal ábrese unha fiestra en ajimez, moi apuntada, de tracería gótica.


     No lado sur presenta outra portada de estrutura semellante á anterior, en resalte, moi abocinada tamén. Os arcos son apuntados con catro arquivoltas de baquetón decoradas con rosetas e bólas nas cavidades do arco. As columnas, tamén de fuste monolítico, apóianse en plintos lisos e rematan en capiteis decorados con animais fantásticos. Na parte alta, flanqueando esta portada, ábrense dúas ventás con arco de medio punto. No Tejaroz hai canecillos de temática variada que van das figuras humanas ás animais, pasando polos motivos vegetales.


     Na cara norte, no tramo dos piés, limitando polo primeiro contrafuerte, hai unha porta de arco apuntado, tapiada na actualidade. Neste mesmo entrepaño, na zona alta, localízase unha fiestra con arco de medio punto peraltado.


     O ábside é rectangular e está dividido en dous tramos por dúas columnas encostadas con capiteis de entrelazos. No alzado norte ten unha ventá de estrutura semellante aos anteriores e no tejaroz, canecillos lisos. No trasteiro ábrese unha fiestra na parte alta semellante á da fachada principal.


     No seu interior sobresae un tramo anterior ao ábside, cuberto cunha bóveda nervada que se apoia en columnas en cuxos capiteis representase símbolos, adornados con pinturas dos catro evangelistas: angel, touro, león e aguia. No interior do templo tamén se conservan interesantes restos de pinturas murales.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Sober
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901