lunes, 3 de noviembre de 2014

HORTASAN - MERCADO DE PONTEVEDRA

HORTASÁN
MERCADO DE PONTEVEDRA
PONTEVEDRA


     Hortasán é unha explotación agrícola cunha longa tradición familiar. Sete hectáreas adicadas a Produción ecolóxica de legumes, hortalizas, verduras, trigo e millo ao aire libre, cría de animais así como invernadoiros para as producións temperás.



     Hortasán caracterízase principalmente por producir de forma respetuosa co medio, mesmo criamos gando deste xeito, ovellas, cabras, porcos, galos e galiñas, medran en total liberdade alimentados con millo e trigo ecolóxico, herba e berzas.



     En Hortasán fan unha agricultura  sustentábel e respetuosa co medio ambiente. 


     Empregan métodos tradicionais: rotamos os cultivos, abonamos con  esterco  producido polo noso gando e  empregamos métodos respetuosos co medio para combatir as  plagas dos  cultivos.



     Non utilizan produtos químicos, (nin fertilizantes, nin pesticidas,  nin herbicidas), nin hormonas, nin  organismos xenéticamente manipulados.



     Hortasán ofreceche gran variedade de produtos de horta: acelga, allos, brócoli, cebola, coliflor, cenouras, patacas, repolo, cabaciños, pepinos, leituga, porros, chícharos, fabas, tirabeques, grelos, pementos de Padrón, da Arnoia, do Piquillo, morróns, remolacha, ovos, tomates, xudías, espinacas, fresas, mazás, pexegos...



      Hortasán ten produtos de toda garantía, sans, sen residuos químicos, que teñen os sabores que lembramos da nosa neñez, que saben como sabían antes as cousas. Alimentos de alta calidade con alto nivel de  nutrintes e vitaminas. Alimentos naturais moi saudables.
 

     Ten tamén á venda outros produtos ecolóxicos
como aceite, conservas, pastas, viño, leite, iogurt, queixo, etc.



     Se queres visitar a  explotación, estaran encantados de recibirte. 
 

     Estan no corazón do val do Ulla, a dez quilómetros da Estrada e a vinte de Santiago de Compostela. O enderezo é lugar de Feal nº 11, parroquia de San Mamede de Ribadulla, Concello de Vedra


Puntos de venda:
     Na nosa explotación e no Mercado Municipal de Pontevedra, no posto 35 C, (no 1º andar).



Os teléfonos de HORTASAN son:
     981 512 491 e 650 418 099


Fuente: HORTASÁN
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. SE practican unha agricultura ecolóxica e sustentablle, hai que visitalos. Gracias pola noticia.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901