martes, 29 de julio de 2014

QUESOS PAZO ANZUXAO


QUESOS PAZO ANZUXAO
FOLIADA ETNOGASTRONÓMICA
CALDAS DE REIS


     Os queixos Pazo de Anzuxao participarónn o vindeiro sábado 26 de xullo na ‘I Foliada Enogastronómica #UmiaCalidade’, que se celebrou en Caldas de Reis (Pontevedra). 


     O evento foi organizado polo Restaurante Casa Real Doña Urraca co obxectivo de promocionar os produtos do Umia e homenaxear a súa gastronomía.


    A Foliada comezou ás 11 horas nas instalacións do restaurante (rúa Constitución 4) e rematatou xa á noite cun concerto. 


     A música de artistas galegos acompañou durante toda a xornada as actividades gastronómicas.


     Ademáis do xantar e cea, cun menu degustación, durante toda a xornada celebrarónse catas de diversos produtos da comarca e do resto de Galicia. 



     Entre viños, conservas ou mel, o turno dos queixos Pazo de Anzuxao chegou ás 18.30 horas.


O mellor Tetilla de Galicia en 2013
     A calidade dos queixos Pazo de Anzuxao ven avalada polos premios recibidos nestes anos. 



     Na derradeira edición da Cata dos Queixos de Galicia foi galardoado co primeiro posto e distinción de ouro na categoría D.O.P. Queixo Tetilla, entre outras 27 mostras. Ademais acadou un cuarto posto na categoría da D.O.P. Arzúa-Ulloa.   


     Os queixos Pazo de Anzuxao toman o seu nome do lugar no que son elaborados, en Lalín, un pazo do século XVIII. A experiencia de dúas xeracións de queixeiros, o leite de vaca acabado de muxir e 100% galego e un emprego xusto da tecnoloxía permiten producir un queixo que mantén o sabor tradicional.


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901