martes, 1 de julio de 2014

DOLMEN ARCA DA PIOSA - ZAS

DOLMEN ARCA DA PIOSA
MUIÑOS
ZAS
A CORUÑA


Dolmen Arca da Piosa
     A Arca da Piosa é un dolmen situado na parroquia de Muíño, no concello de Zas. 


     Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación.



     Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta.


     A cámara é poligonal, con 3,20 m de lonxitude e consiste en catro esteos e unha tampa; o corredor está orientado cara ao leste, é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura cá que cobre a cámara, e pode existir decoración en forma de gravados.



Zas
Xeografía
     Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños.



     Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m).



     Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.



Patrimonio
     Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de San Adrián.


     Ao sur do concello está a ponte de Brandomil, da época medieval e construído segundo bases romanas. A torre do Allo, situada na parroquia do Allo, é de inicios do século XVI.



Economía
     Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.



Dolmens
     Baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados...  Iso contan as lendas e algo debe de haber porque o que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.


     Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes laxas de pedra. 


     En Galicia, coa abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden pola súa audacia construtiva.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901