IGREXA DE SANTA XUSTA - MORAÑA
IGREXA DE SANTA XUSTA
SANTA XUSTA
MORAÑA
Moraña foi un territorio rural de difícil e tardía romanización (aproximadamente no s. IV), no que se foron estendendo pouco a pouco as crenzas relixiosas cristiás (moitos costumes pagáns foron asimilados polo cristianismo), que co paso do tempo arraigaron e converteron a moitas destas xentes en crentes devotos como o testemuñan feitos, costumes, lendas ou festividades, xunto a toda unha serie de construcións de motivo relixioso, repartidos ao longo do municipio e das que moitas mostras chegaron aos nosos días.
En todas as parroquias existen as súas respectivas igrexas parroquiais, a de S. Martiño de Laxe ten a particularidade de gardar no seu interior unha cruz de prata de principios do s. XVIII, obra do prateiro compostelán Domingo Trianes.
Existen dúas igrexas parroquiais que destacan artisticamente pola súa orixe románica: a de S. Pedro de Rebón e a de S. Martiño de Gargantáns.
Igrexa de San Pedro de Rebón: datada nos s. XII-XIV, ao longo do s. XIX sufriu unha serie de modificacións na súa estrutura inicial. O templo conserva capiteis e canzorros da súa fábrica orixinal, ademais da ábsida románica na que se abre unha fiestra cun santo pousado no peitoril.
Presenta unha ábsida semicircular con columnas arrimadas con capiteis figurados sobre os que se apoia unha cornixa. No tramo central está colocada unha ventá en arco, sobre ela un rosetón similar ao do mosteiro da Armenteira e aos pés un santo. Destacan os canzorros con animais e figuras humanas. No interior conserva o arco triunfal en ferradura apoiado sobre columnas lisas con capiteis figurados.
Igrexa de San Martiño de Gargantáns: datada nos s. XII-XIII, posúe numerosos elementos propios do estilo arquitectónico románico que se conservan a pesar das reformas da súa estrutura ao longo dos séculos. Aínda así, mantense a ábsida semicircular orixinal da nave, onde a armazón dos seus abovedamentos e o arco triunfal mostran un monumento de pleno período románico, e a parte do muro sur.
A ábsida ábrese á nave na súa parte interior por un arco triunfal de medio punto sobre columnas de fuste liso e capiteis de decoración vexetal, na parte exterior divídena catro columnas arrimadas con capiteis decorados, mentres que no tramo central leva un rosetón con celosía tallada en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. O rosetón está flanqueado por dúas fiestras acabadas en arco de medio punto con celosías e o beiril da igrexa presenta unha ornamentación variada.
Outras Igrexas.
Igrexa Parroquial de Amil
Igrexa Parroquial de Cosoirado
Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Moraña
Igrexa Parroquial de Lamas
Igrexa Parroquial de Santa Xusta de Moraña
Igrexa Parroquial de Laxe
Igrexa Parroquial de Saiáns
Santuario dos Milagres de Amil
Capelas ou Ermidas.
As capelas ou ermidas son igrexas de pequenas dimensións normalmente levantadas en honor a algún santo ou santa, onde se realizan celebracións esporádicas e puntuais. Destacan a Capela da Virxe da Merced (Lamas), a Capela de Mos (Saiáns), a Capela de Santa Margarida e a Capela da Virxe dos Milagres de Amil.
Esta última é unha capela de estilo neoclásico tardío da segunda metade do século XVIII que está situada no coto da Chan, Amil. Foi levantada polo labrego e arrieiro Sebastián de Castro despois de encomendarse á Virxe para atopar un manancial de auga.
Ao serlle concedido este desexo mandou tallar unha imaxe, a da Virxe dos Milagres, e levantou a ermida en 1780, que foi reconstruída no século XIX, entre 1845 e 1869. Sorprende a súa simplicidade xeométrica octogonal presidida por un gran pórtico clásico na súa entrada que remata nun frontón triangular sobre o que se ergue unha torre campanario de dous corpos.
Ten tres portas de acceso, as tres alinteladas. No interior da capela destaca o camerino, habitual dos santuarios marianos, onde se sitúa a imaxe barroca da Virxe co Neno e dous grandes murais coloristas do pintor Rafael Úbeda. Ao santuario accédese a través dunha ampla escalinata, realizada entre 1948 e 1952, e na súa parte baixa existe unha fonte coa imaxe da Virxe que data de 1778. Nesta capela hónrase á Virxe dos Milagres, orixe da romaría do mesmo nome.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901