jueves, 10 de abril de 2014

PETROGLIFO LAXE DA CHAN - DARBO

PETROGLIFO LAXE DA CHAN
CIMA DA VILA
DARBO
CANGAS


DARBO
      Santa María de Darbo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 6.522 habitantes (3.278 mulleres e 3.244 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 6.112 habitantes.



PETROGLIFO LAXE DA CHAN
     A Laxe da Chan é un petroglifo situado na estrada A Madalena-Erbello, na parroquia de Darbo, en Cangas.


     Sitúanse nunha longa veta longitudinal de granito de gran fino sobre unha rocha de gran medio de 10 m X 15 m.


     Os motivos inclúen un puñal, un escudo de forma triangular e outro de maior tamaño, varias alabardas con enmangadas de modo esquemático ou con tres remaches na unión co mango. 


     As alabardas aparecen representadas en polo menos 6 grupos de petróglifos galegos.
 

     Na parte superior distínguense tres paletas. Tamén círculos simples e combinados, trazos atípicos, un antropomorfo e un zoomorfo.


     Salvo as paletas, os gravados están moi erosionados, polo que apenas son perceptibles.


     Os petróglifos de Laxe da Chan están datados ao redor do 1800 a. C., na Idade do Bronce I.

MAPA



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Fuente:
Patrimonio Gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901