FONTE DE SANTA XUSTA - MORAÑA
FONTE DE SANTA XUSTA
MORAÑA
Fonte medieval de Santa Xusta: fonte milagreira situada detrás da igrexa parroquial de Santa Xusta que data do século XVI.
Parece que foi descuberta a principios dos anos trinta, despois de estar soterrada moitos anos, froito da revelación dunha muller aparecida ao párroco.
A sona das súas augas curativas, pois tiña propiedades milagreiras para as feridas e outros males, estendeuse por toda a xeografía galega e achegaba a multitude de persoas para saborear a auga que curaba todos os males.
Mesmo se chegou a comercializar como xabón dentro e fóra de Galicia.
Esta atracción durou algúns anos na década dos trinta e supuxo un importante movemento económico para a zona.
Non obstante, as autoridades provinciais da época consideraban perigosa a auga da fonte e ordenaron que se cortara a subministración dun manancial que, segundo eles, viña de debaixo do cemiterio.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901