viernes, 3 de mayo de 2024

CRUCEIRO DE PARADA - PARADA - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DE PARADA

PARADA

PONTE CALDELAS

 Parada
       Parada é un lugar da parroquia de Ponte Caldelas no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. 

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 127 habitantes (55 homes e 72 mulleres).

Ponte Caldelas
      Santa Eulalia de Ponte Caldelas é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 2.191 habitantes (1.026 homes e 1.165 mulleres). Ten nove entidades de poboación.

Lugares de Ponte Caldelas
       Caldelas, Ponte Caldelas, Laxoso de Arriba, Laxoso de Abaixo, Cuñas, Pazos, Gradín, Parada, Paradela, Sorreira

Ponte Caldelas
      Ponte Caldelas (do latín Pontem (de) Calidellas, '(a ponte por onde pasa o camiño a "Calidellas", á súa vez diminutivo de "aquas calidas" 'augas cálidas, termais', ou sexa 'augas quentiñas'. 'A ponte que pola que vai o camiño a "Calidellas" ') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

       En 2021 tiña 5.548 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Xeografía
        O municipio sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrado nunha comarca natural que se estende polos contrafortes occidentais da serra do Suído.

        É terra de mananciais e ríos coma o Oitavén ou o Verdugo, de abruptas serras como A Fracha ou a Castrelada e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos. Estes son produto dunha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

      As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

      A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal. Ao atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, coñecidas polas súas propiedades.

      No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, se una co río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO CRUCEIRO DE VALIÑO - VILACOVA - SALVATERRA DE MIÑO

 PETO CRUCEIRO DE VALIÑO

VILACOVA

SALVATERRA DE MIÑO

 Valiño
       Valiño é un lugar da parroquia de Vilacova, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na comarca do Condado.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 25 habitantes (15 homes e 10 mulleres).

Vilacova
       San Xoán de Vilacova é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño.

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 138 habitantes (74 mulleres e 64 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 183 habitantes.

       Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 150 habitantes, sendo 69 homes e 81 mulleres.

      É un exclave de Salvaterra de Miño, igual que a parroquia de Uma. 

      Limita ao oeste e norte con Ponteareas e ao leste e sur coas Neves. Dista un quilómetro do concello.

Lugares de Vilacova
      As Barreiras, O Bruzón, A Cambariña, O Casal, A Cataliña, O Coto, O Cruceiro, A Eira de Abaixo, A Encrucillada, Os Eños, A Forcada, A Lagoa, A Penela, A Portapereira, O Rego, O Reguengo, O Tarendo, Valiño


Comarca do Condado
          A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 


 

jueves, 2 de mayo de 2024

EIRA DE LOUREDO - LOUREDO - MASIDE

 EIRA DE LOUREDO

LOUREDO

MASIDE

 Louredo
      Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.

Etimoloxía
      O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.

Patrimonio
       Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal.

      No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.

Festas
     As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.

Fonte
       Conta cunha fonte que data de 1952, que segue producindo auga procedente dun manancial, onde os veciños acostuman a coller auga. Nos meses de verán apenas produce auga.

Lugares de Louredo 
     A Carreira, Espiñeiros, Louredo. Manzós, Martín de Louredo, O Outeiro. Ribadal. Sante

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

EIRA DE LAMAS - LAMAS - SAN MARTIÑO DE LAMAS . SAN CRISTOVO DE CEA

 EIRA DE LAMAS

LAMAS

SAN MARTIÑO DE LAMAS

SAN CRISTOVO DE CEA

San Martiño de Lamas
     San Martiño de Lamas é un lugar da parroquia de Lamas, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

       Segundo o IGE, en 2023 tiña 8 habitantes (2 homes e 6 mulleres).

Lamas
       San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      En 2007 tiña 99 habitantes (42 homes e 57 mulleres), sete menos ca en 2006

Toponimia
      O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.

Lugares de Lamas
      
Lamas, San Martiño de Lamas, Santrós

San Cristovo de Cea
       San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

       Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
        O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

      O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

       O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Historia
       Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

       En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

Toponimia
       O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira".

       A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

       Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).

Patrimonio arquitectónico
        Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
        No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Economía
      O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.

      A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.

 Parroquias de San Cristovo de Cea    
       Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel), Viña (San Román) 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA