miércoles, 3 de abril de 2024

PORTAL DA INQUISICIÓN - INQUISICIÓN - CORZANS - SALVATERRA DE MIÑO

 PORTAL DA INQUISICIÓN

INQUISICIÓN

CORZÁNS

SALVATERRA DE MIÑO

     Trátase do portalón de acceso á antiga casa da Inquisición da que hoxe en día apenas quedan uns restos integrados na casa-escola.

      A construcción móstrase coma un gran lenzo de sillería granítica, que aparece dividida en dous rexistros a través dunha cornixa moldurada que recorre o paramento horizontalmente. 

      O corpo inferior, totalmente compacto, é atravesado no centro pola porta, de arco de medio punto coa dovelaxe marcada.

      Tanxente á clave do arco disponse a moldura que serve de transición cara o segundo rexistro da portada que aparece concebido a xeito de ático. Este último corpo aparece presidido por tres blasóns e unha inscripción.

      O blasón central, situado nunha posición máis elevada con respecto aos laterais, presenta unha cruz inquisitorial. 

      Pola contra, os laterais amosan respectivamente as armas de ascendencia tanto paterna como materna do inquisidor D. Bartolomé Barbeito Padrón.

      Deste xeito, no da esquerda, aparecen os símbolos dos Mariño, Valadares, Padrón e Barbeito, e no da dereita, os Suárez, Ozores e Puga.

      Os tres escudos aparecen timbrados por capelos dos que penden cordóns con seis borlas, alusivos á dignidade episcopal do propietario.

      Entre as armas aparece a seguinte inscripción que nos aporta os datos sobre o comitente e a data fundacional: MANDOLA FABBRICAR EL SR. Dº DON BRM BARBEITO PADRÓN NATURAL DESDE FRª. INQQº APPº. I MAS ANTIGUO DE ESTE REINO DE GALICIA AÑO DE 1688 PARA CLÉRIGOS DE SU FAMILIA I VECINOS DE ESTE Fª A FALTA DE AQUELLOS.

      Finalmente o portal remátase mediante unha cornixa horizontal, que se eleva na parte central para albergar os escudos.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901