martes, 2 de abril de 2024

CALVARIO DE SAN BARTOLOMEU DO COUTO - O PORTO - O COUTO - A CAÑIZA

 CALVARIO DE SAN BARTOLOMEU

O COUTO

O PORTO

A CAÑIZA

Calvario de San Bartolomeu do Couto

      Calvario composto por tres cruces que nacen nunha plataforma feita en perpiaños de pedra granítica con cornixa.

      As tres cruces son semellantes na súa construción: base cadrada coas arestas rebaixadas, con varais e brazos das cruces de sección octogonal. As cruces non presentan figuración.

     A cruz central, a de maior tamaño, presenta unha pequena lousa de pedra por debaixo da base, a modo de calzo.

       Este calvario atópase ao carón da igrexa parroquial de San Bartolomeu.

O Porto
      O Porto é un lugar da parroquia do Couto, no concello pontevedrés da Cañiza, na comarca da Paradanta.

O Couto
      San Bartolomeu do Couto é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. 

       Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (163 mulleres e 186 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 590 habitantes.

     Cruza a parroquia unha estrada local que vai da capital municipal a Crecente, así coma o río Ribadil.

Toponimia
     A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.

Xentilicio
      O seu xentilicio é coutarexo.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901