IGREXA DE SAN PEDRO DE XURENZÁS
XURENZÁS
BOBORÁS
IGREXA DE SAN PEDRO
A Igrexa de Xurenzás, é un templo de gran simplicidade constructiva con fábrica de cadeirado e cachotería de pedra e ausencia xeneralizada de decoración no exterior. Da nave principal pasa o presbiterio o traveso de un arco triunfal lixeiramente apuntado.
Por a parte sur engádese unha pequena capela. No interior ten dúas alturas laterais cubertas por baldaquinos de pedra e interpretación oxival, utilizando como elementos de sostén a figuras de Santos y una columna angular con capitel de estilo bizantino.
Estes baldaquinos só se conservan en cinco igrexas de toda Europa, motivo polo que recibe diversas visitas de expertos tantos nacionais como internacionais para poder ver de preto esta obra de arte.
Xurenzás
San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
Na igrexa de San Pedro consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse recentemente pinturas góticas representando a San Sebastián e á Virxe.
Xurenzás na cultura popular galega
Unha lenda busca explicar a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala.
Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás.
Vítor Vaqueiro dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento.
Lugares de Xurenzás
Ensalde, O Igrexario, A Ponte Nova, O Prado, Valboa, Ventosa, Xurenzás.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901