IGREXA DE SANTIAGO DE PIÑEIRO
O BOUZÓN
TOMIÑO
O Bouzón
O Bouzón é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.
Segundo o IGE, en 2022 tiña 142 habitantes (71 homes e 71 mulleres).
Neste lugar atópanse o centro cultural, a igrexa e a carballeira na que se celebran as festas, na cal hai árbores senlleiras.
Economía
Nesta mesma carballeira antigamente celebrábase unha feira de gando todos os domingos, pero ao entrar en decadencia pasou a celebrarse o día dez de cada mes e finalmente só o día que se celebra a festa de San Lourenzo (o 10 de agosto), pola mañá faise esa feira de gando.
No monte do Bouzón hai unha plantación de kiwi que é a máis grande de toda a comarca. Aquí está situado o cemiterio e o campo de fútbol, xa que Piñeiro ten equipo de fútbol propio.
Festas
As festas son no mes de agosto, a de San Lourenzo o día 10 e a do Santo Cristo da Saúde a cuarta fin de semana de citado mes. A festa de San Lourenzo organízana os mozos solteiros do lugar e a do Santo Cristo da Saúde os casados.
No Centro Cultural a A. C. e D. Raíces celebra o Nadal Cultural cun tradicional festival no que se poden ver obras de teatro, bailes... e participan nenos de 4 a 17 anos aproximadamente. En reis os nenos reciben un agasallo dos Reis Magos de Oriente no centro cultural á saída da misa.
Piñeiro
San Salvador de Piñeiro é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra.
Segundo o IGE, en 2022 tiña 326 habitantes (158 homes e 168 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Patrimonio
No lugar de Tabordela está situado o edificio do centro Unión del Porvenir, fundado en Nova York polos emigrantes das parroquias de Piñeiro e Taborda o 24 de decembro de 1918. Nel exerceu como mestre Antón Alonso Ríos cando funcionaba como colexio.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901