domingo, 11 de junio de 2023

CALEIRA DE PARDOLLÁN - PARDOLLÁN - RUBIÁ

 CALEIRA DE PARDOLLÁN

PARDOLLÁN

RUBIÁ

Pardollán
     Santo Estevo de Pardollán é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rubiá.

     Segundo o IGE en 2010 tiña 42 habitantes (20 mulleres e 22 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 39 habitantes.

Lugares de Pardollán
      Pardollán, Vilardesilva

Rubiá
     Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras.

     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio é «rubiao».

Xeografía
     O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

       É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil.

      Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

Historia
       A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.

       Na idade media albergou varios mosteiros.[8] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.

     Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.

Parroquias de Rubiá    
     O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901