sábado, 3 de junio de 2023

ESTACIÓN DE SOBRADELO - SOBRADELO - CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 ESTACIÓN DE SOBRADELO

SOBRADELO

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

Estación de Sobradelo
     Sobradelo é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. 

     Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     Está situada no punto quilométrico 291 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 343 metros de altitude, entre as estacións do Barco de Valdeorras e Pumares. 

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.

     As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. 

     En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901