ESTACIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS
O BARCO DE VALDEORRAS
Estación do Barco de Valdeorras
O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.
Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 297,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 324 metros de altitude, entre as estacións de Vilamartín de Valdeorras e Sobradelo.
O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.
As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.
En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901