IGREXA DE SAN SALVADOR DE CAMBA
CAMBA
LAZA
Igrexa de San Salvador de Camba
Igrexa dunha soa nave rectangular con cuberta de lousa pizarrosa negra a tres augas sobre muros de cachotería de xisto, excepto a fachada, feita con sillares escadrados de perpiaño.
A fachada ten unha porta alintelada moldurada, e encima ten unha fornela co santo moi adornada con dobre arquería e moita simboloxía.
Remata nunha espadana de dobre van, cun frontón triangular coroado por unha cruz latina de pedra e franqueado por dous pináculos.
San Salvador de Camba
San Salvador de Camba é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín.
No ano 2007 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.
Lugares de Camba
Camba
Laza
Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín.
Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).
Comarca de Verín
A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.
Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
Parroquias de Laza
A Alberguería (Santa María), Camba (San Salvador), Carraxo (San Bieito), O Castro de Laza (San Pedro), Cerdedelo (Santa María), Laza (San Xoán), Matamá (Santa María), Retorta (Santa María), Toro (San Lourenzo), Trez (Santiago)
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901