domingo, 4 de junio de 2023

MOSTERIO DE SOBRADO - A POBRA DE TRIVES

 MOSTERIO DE SOBRADO

A POBRA DE TRIVES

 Mosterio de Sobrado
     O mosteiro de Sobrado é un dos exemplares máis significativos do románico do país. A súa construción remóntase ao século XII. 

     Ao interior da igrexa, que é unha soa nave sen cruceiro, accédese por unha peculiar ante igrexa cuberta e con fachada propia.

     O primeiro que chamará a nosa atención é a portada románica, onde destacan o conxunto de capiteis e o dintel sostido por dúas figuras humanas: un músico en posición de tocar unha viola e un acróbata agarrando os pés coas mans.

     Da antiga bóveda só se conserva a cabeceira (presbiterio), xa que no ano 1872 afundiuse  xunto co muro norte. En 1881 restaurouse o muro e o tellado ata quedar como o vemos na actualidade.

     A nave sepárase do presbiterio mediante un arco triunfal de medio punto con tripla arquivolta, os capiteis son, sen dúbida, os mellores da igrexa pola súa boa execución e estraña iconografía.

     

      Os altares son posteriores e dun estilo diferente ao da igrexa e pertencen á época do priorado. De todas as imaxes destacan pola súa calidade a dos catro santos fundadores da orde, que se atopan no primeiro retablo á man dereita, aínda que a imaxe máis antiga corresponde á Piedade do seguinte retablo coñecido como: “Capela de Ánimas”.

       Sen ningunha dúbida o máis completo é o altar maior. A súa concepción e a harmonía do seu conxunto danlle un relevo especial. Ten dous corpos importantes ademais do frontal da mesa. No corpo central está representada a transfiguración e o sagrario expositor, que é anterior ao retablo.

      As imaxes de Santiago e San Martiño non pertencen ao altar nin ao seu conxunto. Algunhas pezas importantes e das que quedan poucas son:: a cruz procesional que data de 1585, a rara peza do pelícano (sagrario expositor) e as dúas pías de pedra que son do 1700. O púlpito confesionario que está á esquerda é de 1850 e desta mesma época son as fermosas pinturas da bóveda do altar maior.

      No muro sur ábrese outra porta  románica con arquivolta sobre columnas rematadas en capiteis con decoración animal. Catro fiestras románicas, con columnas e belos capiteis, destacan entre os contrafortes. O ábside é outra peza importante do conxunto.

      No exterior os contrafortes marcan, por cada lado, o enlace dos tramos recto e semicircular, e neste, son dúas columnas as que seccionan o tambor creando tres espazos. As fiestras, de arco liso de medio punto, están rodeadas por molduras coas súas correspondentes columnas rematadas por capiteis decorados con temas vexetais e zoomorfos. 


      No adro podemos recoñecer onde estivo o claustro cuberto como evidencian os ocos tapados, que aparecen no muro sur e nos contrafortes do mesmo. 


      No centro álzase un cruceiro, segundo inscrición de 1603, e nun extremo elévase unha torre, exenta de orixe defensiva, readaptada como campanario.

MAPA

 

Fuente: Web Turismo Rbeira Sacra

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901