IGREXA DE OS VAOS
OS VAOS
RIBEIRA DE PIQUÍN
Os Vaos
San Xoán dos Vaos é unha parroquia do concello lugués de Ribeira de Piquín na comarca de Meira.
No ano 2007 tiña 119 habitantes (56 homes e 63 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 25 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio
Ademais da igrexa parroquial de San Xoán dos Vaos, hai varias capelas: San Caetano, San Bartolomeu, San Luis, Santa Ana, Santo Estevo e Santa Catarina.
Lugares dos Vaos
A Budueira, Cartea, Invernego, Muxén, Ouviaña, Seoane, Os Vaos
Ribeira de Piquín
Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 580 habitantes. O seu xentilicio é «ribeirego».
Situación
O concello de Ribeira de Piquín está situado a un 50 km ao nordeste da capital da provincia. Entre a súa paisaxe atópase o río Eo. A casa do concello atópase situado no Chao de Pousadoiro.
Ribeira de Piquín ten unha extensión de 73 km² e limita ao norte coa Pontenova e Riotorto, ao sur con Baleira, ao leste coa Fonsagrada, e con Meira e Pol ao oeste.
Relevo e orografía
Ten un relevo moi accidentado configurado por dúas serras que bordean o paso do río Eo.
Estas dúas formacións son a Serra de Meira, que limita o concello ao oeste e a Serra de Pousadoiro que o limita ao leste.
O río Eo atravesa o concello pola súa parte central, formando xunto coas serras un val angosto e encaixado. A aparente uniformidade destas terras interrómpenas outros dous ríos que tamén a cruzan, o río Rodil e o río Lúa.
Hai outros moitos ríos de menor envergadura e arroios que discorren polos profundos vales, en especial na zona nordeste, onde se alcanzan maiores altitudes, próximas aos 900 metros. Os puntos máis elevados son A Pena de Ouviaña de 893 m e A Pena Grande de 889 m.
Nos cincuenta integrouse no concello de Ribeira de Piquín a parroquia de Santiago de Acevo.
Parroquias de Ribeira de Piquín
Navallos (San Pedro), San Xurxo de Piquín (San Xurxo), Santalla (Santalla), Santiago de Acevo (Santiago) Os Vaos (San Xoán)
Comarca de Meira
A comarca de Meira é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Meira.
A esta comarca pertencen os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901