miércoles, 20 de octubre de 2021

MILIARIO DE CERDEIRA - CERDEIRA - SAN XOÁN DE RÍO

MILIARIOS DE CERDEIRA

CERDEIRA

SAN XOÁN DE RÍO


Cerdeira
     Santa María Madalena de Cerdeira é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 59 habitantes (33 homes e 26 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 99 habitantes.


Lugares de Cerdeira
     O Aciveiro, Cerdeira, As Guístolas, Ousecende, San Xulián


Comarca da Terra de Trives

     A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. 

     A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

San Xoán de Río
     San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio é riés.

Xeografía
     O concello, de 61,1 km², abrangue 9 parroquias e está situado na zona montañosa da comarca da Terra de Trives, entre a serra de Castrelo e o monte Cerengo (1.286 m).

     Limita ao norte con Ribas de Sil, ao sueste coa Pobra de Trives (a través do río Navea), e Chandrexa de Queixa e ao oeste con Castro Caldelas.

     Abrangue un terreo sen fortes pendentes, no val do río Navea até a serra da Moa. A capital está no lugar do Campo, a 4 km do alto de Cerdeira.

     Está comunicada a través da estrada OU-536 que une Ourense coa Rúa, e mediante a estrada N-120 a través da serra da Moa.

Patrimonio
     Na idade media construíuse unha fortaleza no lugar da Torre Vella. Foi derruída, e a pedra foi utilizada na reconstrución do castelo de Castro Caldelas.

     A igrexa de San Xoán de Río é de orixe románica tardía, con bóvedas de cruzaría góticas nos altares laterais. Ten unha inscrición, indicando que foi rematada en 1691 sendo abade Alonso Bermúdez. Ten planta basilical con tres naves, con cruz latina no exterior e cadansúa ábsida. Os arcos son de medio punto e as bóvedas de canón. A cúpula é octogonal, sustentada por pendentes. Os retablos son barrocos, de 1782, con elementos vexetais e columnas salomónicas. Nela hai tres petos das ánimas do século XVIII. No templo consérvanse pezas de xoiaría coma a cruz, a custodia, o cáliz (do século XVIII) e o incensario (do século XVII).

     Amais das igrexas parroquiais, hai outras capelas e ermidas, como as de Domecelle, Mouruás, San Miguel e Castrelo.

Parroquias de San Xoán de Río    
     As Cabanas (San Paio), Castrelo (Santa María), Cerdeira (Santa María Madanela), Medos (Santa Mariña), San Silvestre de Argas (San Silvestre), San Xoán de Río (San Xoán), San Xurxo (Santa María da O), Seoane de Argas (San Xoán), Vilardá (Santa María) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901