ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE VERDÍA
VERDÍA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Estación de Verdía
Verdía é un apeadoiro de Adif, situado en Verdía, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.
Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Santa Mariña de Verdía é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela.
Segundo o IGE en 2009 tiña 306 habitantes (162 mulleres e 144 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.
Patrimonio
Igrexa de Santa Mariña de Verdía, románica.
Estación de Verdía, antiga estación de tren reconvertida en centro sociocultural.
Festas
As festas parroquiais son o 18 e 19 de xullo.
Lugares de Verdía
A Eirexe, Insuas, Lobra, Quintáns, Verdía de Abaixo, Verdía de Arriba, Vilar de Outeiro
Comarca de Santiago
A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña, a capital é Santiago de Compostela.
A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.
Situación
No sur da provincia da Coruña, linda polo norte coa comarca de Ordes, polo oeste coas de Xallas, A Barcala e Noia, polo sur coas do Sar e Tabeirós - Terra de Montes, e polo leste coas de Arzúa e Deza.
Situada no sector centro-occidental de Galicia, a comarca de Santiago presenta un relevo de formas suaves e onduladas, lixeiramente incididas polos numerosos ríos que a sucan. O río Tambre percorre o norte, establecendo o límite coas comarcas de Ordes e A Barcala; e, tras recibir as augas do seu afluente o Dubra, o seu curso vai encaixado polas terras de Ames e Brión, onde é represado no encoro Barrié de la Maza.
Polo sur o río Ulla, límite natural entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, percorre un fértil val para encaixarse profundamente na Ponte Ulla, ao pé do Pico Sacro. Tamén fértil é o val de Amahía, que se estende polo concello de Ames e é percorrido polo río Sar que, xunto co Sarela rega as terras de Santiago. Augas abaixo, xa fóra da comarca, o Sar achega o seu caudal ao Ulla. A abundancia de cursos fluviais e o clima chuvioso durante o outono e inverno favorece unha vexetación frondosa e sempre verde que caracteriza a paisaxe desta comarca.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901