IGREXA DE SANTA MARÍA DE ALLONCA
ALLONCA
A FONSAGRADA
A Allonca
Santa María da Allonca é unha parroquia do concello da Fonsagrada.
Segundo o IGE, en 2015 tiña 21 habitantes (10 homes e 11 mulleres), repartidos en 11 entidades de poboación.
A súa poboación está en regresión xa que en 1991 tiña 65 habitantes. Limita ao norte coa parroquia de Lamas de Campos; ao sur con Fonfría e Monteseiro; ao leste con Asturias e ao oeste coa Bastida.
Lugares da Allonca
A Allonca, A Allonquiña, A Braña, A Ferraría, Frontal, A Muíña, Pántaras, Quintela, O Relaio, A Trousa, Vilarello
A Fonsagrada
A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes. O seu xentilicio é «fonsagradino», «buroego» ou «brañego».
Historia
Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbese poboadores hai 30.000 anos.
A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.
A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.
O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.
Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.
Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.
Parroquias da Fonsagrada
A Allonca (Santa María), A Bastida (San Miguel), Bruicedo (Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido (Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa María Madanela), A Fonsagrada (Santa María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos (San Roque), Lamas de Moreira (Santa María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa María), A Proba de Burón (Santa María Madanela), San Martín de Arroxo (San Martín), San Martín de Suarna (San Martín), San Pedro de Neiro (San Pedro), San Pedro de Río (San Pedro), Santo André de Logares (Santo André), A Trapa (San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio), Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)
Comarca da Fonsagrada
A comarca da Fonsagrada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada.
A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
No ano 2020 tiña 4.830 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,5 quilómetros cadrados.
O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901