martes, 12 de octubre de 2021

SARTEGOS DE RECESENDE - RECESENDE - CASTOVERDE

SARTEGOS DE RECESENDE

RECESENDE

CASTROVERDE


Sartegos de Recesende
       Nun outeiro onde se levanta a igrexa parroquial, construída sobre un castro, nun afloramento granítico situado no exterior do adro-cemiterio, consérvanse oito sartegos altomedievais. 

      García Teijeiro (1920), que descubriu tres, di que daquelas cubríanse con lousas perfectamente axustadas; di tamén que contiñan anacos de barro e nunha atopou dous machados de cuarzo. 

     Había máis que foron destruídos ao construír o muro contiguo da igrexa.

Recesende
     San Cibrao de Recesende é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 21 habitantes (11 mulleres e 10 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 27 habitantes.

Lugares de Recesende    
     A Penalonga, Recesende, Santa Eufemia

Castroverde
     Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.


     O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.

     Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.

Historia
     Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.

Monumentos
     Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.

     A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.

     Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.


Festas e feiras

    Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
    Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
    Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
    Feira, domingos alternos.
    Festa dos Avós, en abril.

Parroquias de Castroverde     
     Agustín (Santa María), Arcos (San Paio), Barredo (San Xoán), Barredo (Santo André), Barreiros (San Cosme), Bolaño (Santa Baia), Cellán de Calvos (San Salvador), Cellán de Mosteiro (San Pedro), Covelas (San Miguel), Espasande (Santiago), A Frairía (Santa María), Furís (Santo Estevo), Goi (Santa María Madanela), Masoucos (Santiago), A Meda (Santiago), Miranda (Santiago), Mirandela (Santo André), Monte (Santa María), Montecubeiro (San Cibrao), Moreira (Santa María), Paderne (Santo Estevo), Páramo (San Miguel), Pena (Santa María Madanela), Pereiramá (San Xulián), A Pumarega (Santa Mariña), Rebordaos (San Xurxo), Recesende (San Cibrao), Riomol (San Pedro), San Miguel do Camiño (San Miguel), Serés (San Pedro), Souto de Torres (San Tomé), Soutomerille (San Salvador), Tórdea (San Tomé), Uriz (Santa María), Vilabade (Santa María), Vilalle (San Pedro), Vilariño (Santiago)  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901