IGREXA DE BOAZO
BOAZO
A TEIXEIRA
Boazo
Santa María de Boazo é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas.
No ano 2007 tiña 46 habitantes (20 homes e 26 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.
Lugares de Boazo
Boazo, Nogueira
A Teixeira
A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra.
Segundo o IGE no ano 2019 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; á parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.
O seu xentilicio é «teixeirés».
Paisaxe
É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil.
Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.
Parroquias da Teixeira
Abeleda (Santa María), Boazo (Santa María), Cristosende (Santa María), Fontao (San Bartolomeu), Lumeares (San Salvador), Montoedo (Santa Mariña), Pedrafita (San Martiño), Sistín (Santa María)
Comarca da Terra de Caldelas
A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.
Demografía
A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes.
A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.
A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos, que supera amplamente a media galega (47,48 anos).
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901