ALDEA DE O PARAÑO
REGUEIRO
O IRIXO
OURENSE
O ParañoO Paraño é un lugar da parroquia do Regueiro no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE no ano 2011 tiña dous habitantes, os dous homes.
No Diccionario Madoz (1849) aparece incluído na parroquia de Parada de Labiote, ao non estar aínda O Regueiro constituída como tal.
Nesta aldea está ambientada a novela O mesón dos ermos de Ramón Otero Pedrayo.
O Regueiro
San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 28 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, Boborás.
No Diccionario Madoz (1849) aínda non aparece a parroquia constituída como tal, e varias das súas aldeas dependían da parroquia de Parada de Labiote.
Lugares do Regueiro
As Antas, Candosa, Cerdeira de Abaixo, Cerdeira de Arriba, Espiñeiros, O Paraño
O Irixo
O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).
Xeografía
O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Boborás.
Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista.
Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías. Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.
Hidrografía
No concello hai tres ríos principais: Viñao, Pedriña e Lobagueira. Este último, xunto co seu afluente Redondo, escavaron pequenos vales profundos ao discorrer por terreos abundantes en lousa, mentres que os dous primeiros discorren por solos de granito e formaron os amplos vales de Cusanca e Loureiro.
O río Viñao, citado como Miñao no Catastro de Ensenada, nace na parroquia de San Cosmede de Cusanca, nas altas fontes do Conde, e atravesa o val de Cusanca. No lugar das Campinas recibe as augas de varios regatos procedentes da Cruz da Grade. Recibe os nomes de río Bulgallo en Zacarade e da Ponte de Xoán Loro en Carballal. Desemboca no río Avia.
O río Lobagueira é afluente do Viñao, e nace no monte Testeiro, xunto cos seus afluentes o Redondo e o Froufe. Cruzan as parroquias de Espiñeira, Froufe e Parada de Labiote.
Historicamente houbo prorrateos das augas para o regadío, conservándose documentación da repartición das augas da parroquia de Loureiro de 1854.
Demografía
A poboación do concello está diseminada en pequenas comunidades rurais, abranguendo 108 aldeas, xeralmente nas zonas máis baixas e a carón dos ríos e das principais vías de comunicación.
O Irixo é un dos concellos máis avellentados de Galicia
Patrimonio
A casa do concello tivo a súa sede primeiro nos lugares de Ponte lrixo e As Campinas, os dous na parroquia de Campo. O edificio actual foi construído en 1937 e remodelado en 1996.
Sendeirismo
O Irixo conta cunha ruta homologada de sendeirismo: o PR-G 189 "Ruta dos castros do Irixo".
É unha ruta sendeirista lineal duns 6 km, entre Irixo de Arriba e Valdesoiro. Discorre polos lugares de Irixo de Arriba, Muíño de Valcobo, Campo da Cruz, Igrexa de Santa Mariña da Cidá, Paredes, Os Casares e Valdesoiro. Unha variante achégase ata o Coto do Castro.
Parroquias do Irixo
Campo (Santa María), Cangues (Santo Estevo), A Cidá (Santa Mariña), Corneda (Santiago), Dadín (San Pedro), Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña), Parada de Labiote (San Xulián), Reádigos (Santa Baia), O Regueiro (San Pedro), San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901