domingo, 28 de julio de 2019

GABIÁN - MOREIRAS - BOBORÁS

GABIÁN
MOREIRAS
BOBORÁS


Moreiras
      Moreiras é un lugar da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. 



     Tiña 31 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 17 mulleres. 


     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 34 habitantes (16 homes e 18 mulleres).


Lugares de Moreiras
     Fonte Moreiras, Gabián, Moreiras, Vecoña de Abaixo, Vecoña de Arriba 

 

Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.



     Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).



     Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. 



     O seu xentilicio é boborao ou boborés.


Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense.



     Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.



     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.



     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.



Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.



Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.



     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.



      A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.



     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.



      O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.



Parroquias de Boborás   
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) , Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)



A comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.



     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901