viernes, 12 de julio de 2019

MUIÑO DE CONSTANTE - REGO BARRANQUEIRA DE BASTEIROS - ESFARRAPADA - ANCEU

MUIÑO DE CONSTANTE
REGO BARRANQUEIRA DE BASTEIROS
ESFARRAPADA
ANCEU
PONTE CALDELAS

ANCEU
POBLACIÓN: 
      279
LUGARES:

     Anceu, A Esfarrapada e Os Ramís.


FESTAS:
     - Festa dos Dolores: Último domingo de setembro.
     - Danzas Celtas: Un grupo de danzantes ataviados con sinxelos vestidos brancos executan unha danza tradicional de orixe celta.



PATRIMONIO
Capilla da Guadalupe
     A pequena Capela da Guadalupe, na parroquia de Anceu, é unha construcción de planta rectangular con tellado a dúas augas. Remata nas esquinas do tellado con pináculos. Na fachada, a porta es adintelada e ten dous óculos laterais. Conta tamén cunha pequena espadaña proporcional ao campanario.



     No arco esquerdo do interior depositouse a Patrona Virxe Guadalupe, tallada nunha soa peza, baixo a arcada que antes estaba no altar. Na metade da nave atópase outra arcada que leva a imaxe de Nosa Señora das Dolores.


     O cruceiro é da época de 1771-76. O seu pedestal é casi cúbico e a columna de sección cadrada pasando a octogonal. A cruz é de sección cadrada con capitel corintio. Sobre o capitel ten unha columna coa imaxe de Cristo e da Virxen.
     A capela está aberta ó público só en horas de culto.



Igrexa Parroquial de San Andrés
     De final do século XVIII, a igrexa parroquial de San Andrés de Anceu é unha construcción de pranta rectangular con tellado e nave central a dúas augas. Foi trasladada para incorporar a nave e ampliar a igrexa. En 1700 distinguense varias etapas onde se engaden a nave central con bóvedas de madeira e bóvedas de canón de medio punto e amplíase a fachada con frontón partido e a igrexa.



     No interior, o ábside é rectangular e ten adosado a sacristía no lado esquerdo da cabeceira, engadida en 1640 por orde do bispo de Tui. A un lado das paredes podemos contemplar una imaxe da Virxe de Fátima, sobre un pedestal de pedra e ó otro lado unha imaxe de Santa Rita, sobre un pedestal de madeira.


     O retablo gótico-flamígeo que cubre toda a frente do ábside, alberga na fornela superior unha imaxe do patrón San Andrés e na inferior, unha cruz. A fornela central está ocupada polo Sagrario e rematada por outra cruz do mesmo estilo. Nas fornelas laterais atópanse as imaxes da Virxe do Rosario e do Sagrado Corazón de Xesús e nos extremos das fornelas de menor tamaño ocupadas polas imxes da Virxe do Carmen e a Virxe da Inmaculada. Na ménsula e no extremo do retablo están as imaxes de San Bernardo e San Benito.


     O presbiterio é de bóveda de pedra a catro augas. Na porta adintelada e a ambos lados ten pilastras adosadas. Xunto ó lado esquerdo conta cun corpo cadrado no que se atopa o campanario. A igrexa está aberta ó público só en horas de culto.


Calvario do Lugar dos Cruceiros
     O Calvario do lugar dos Cruceiros, na parroquia de Anceu, conta con tres cruces de finais do século XVIII. A cruz mais alta posee un pedestal circular. Os brazos e o testeiro da cruz rematan en forma rectangular. O Cristo está totalmente pegado ó varal. A figura parece moi rústica e está desgastada.



Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.



Patrimonio arquitectónico
     Calvario da Insua.



     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.



     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do   mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.



     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben



     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.



     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.



     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.



Parroquias de Ponte Caldelas

     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Ponte Caldelas
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901