CAPILLA DE CIMADEVILA
CIMADEVILA
CERREDA
NOGUEIRA DE RAMUÍN
Cerreda
Santiago de Cerreda é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.
No ano 2007 tiña 219 habitantes (109 homes e 110 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 64 habitantes en relación ao ano 2000.
Lugares de Cerreda
A Alberguería, Cachaldora, Cerreda, Vilouxe
Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 2.124 habitantes (2.565 en 2003).
Xeografía
O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.
Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).
Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).
Historia
Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.
Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.
Patrimonio
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Parroquias de Nogueira de Ramuín
Armariz (San Cristovo), A Carballeira (San Xosé), Cerreda (Santiago), Faramontaos (Santa María), Loña do Monte (San Salvador), Moura (San Xoán), Nogueira de Ramuín (San Martiño), San Miguel do Campo (San Miguel), Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz), Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo), Vilar de Cerreda (Santa Baia), Viñoás (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
La fuente pública que hay tiene la inscripción de un año que no se vé claramente; ¿de qué año es?
ResponderEliminarEs una fuente preciosa pero no sé insertar la foto
ResponderEliminar