FERVENZA DE ARXEMIL
REGO DE ARXEMIL
A COVA
CARBALLEDO
Arxemil
Arxemil é un lugar da parroquia da Cova, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 5 habitantes, 3 mulleres e 2 homes.
A Cova
San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE.
Patrimonio
A igrexa de San Xoán da Cova, románica do século XII, foi declarada en 1850 monumento histórico artístico. A igrexa formou parte dun mosteiro de monxas bieitas de incerta fundación, que chegou a depender de Chouzán. Pola construción do encoro tivo que ser trasladada pedra a pedra ata o seu actual emprazamento.
Lugares da Cova
Arxemil, A Carballeira, O Catasol, Cima de Vila, Fondo de Vila, O Mallo, Outeiro, Papelle, Piñarrostro, A Ribeiriña, San Cristovo, A Vila, Vilanfesta, Vilar
Carballedo
Carballedo e un municipio de la provincia de Lugo. Pertenece a comarca de Chantada. A capital e A Barrela.
Parroquias
Aguada (Santa Baia)
Buciños (San Miguel)
Carballedo (Santa María)
Cartelos (Santo Estevo)
Castro (San Cristovo)
A Cova (San Xoán)
Erbedeiro (San Pedro)
Furco (San Gregorio)
Lobelle (San Cristovo)
Lousada (Santiago)
Marzás (Santa María)
Milleirós (San Xoán)
Oleiros (San Miguel)
Pradeda (Santiago)
San Mamede de Lousada (San Mamede)
San Romao de Campos (San Romao)
San Salvador de Búbal (San Salvador)
Santa Baia de Búbal (Santa Baia)
Santa Cristina de Asma (Santa Cristina)
Santa Mariña do Castro (Santa Mariña)
Temes (Santa María)
Veascós (Santa Mariña)
Vilaquinte (Santa María)
Situación Xeográfica
Entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, no suroeste da provincia de Lugo, xa no límite da de Ourense, está situado o Concello de Carballedo.
O seu territorio predominantemente montañoso, ten 139,6 km2; bañados por dous ríos principais: o Bubal e o Miño, que marcan a liña divisoria co Concello de Pantón.
Limita ó Norte co Concello de Chantada, ó Este co de Pantón, ó Sur cos municipios de Villamarín e a Peroxa e ó oeste cos de San Cristóbal de Cea e Rodeiro.
O principal eixo viario é a N-540, de Lugo a Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).
Aínda que está moi preto de Ourense, polas súas características físicas e polos influxos socioeconómicos e administrativos, forma parte da Comarca de Chantada.
A Comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo e a súa capital é Chantada. Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901