lunes, 9 de abril de 2018

HORREOS DA FORXA - PORQUEIRA

HORREOS DA FORXA
A FORXA
PORQUEIRA


Forxa
     Forxa é un lugar da parroquia de
Santa María de Porqueira no concello de Porqueira, na provincia de Ourense. No ano 2008 tiña 143 habitantes, deles 68 eran homes e 75 eran mulleres, o que supón un aumento no número de efectivos en relación a 2007.


Santa María de Porqueira
      Santa María de Porqueira é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. 


     No ano 2007 tiña 198 habitantes, deles 98 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Lugares e parroquias
     Fontemoura, Forxa, A Torre



Porqueira
     Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio  é «porqueirés



     O concello ten 43 km², e abrangue 30 entidades de poboación repartidas entre 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.



     Dentro da comarca da Limia, o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixándose entre os montes de Bande e a serra do Xurés.


Historia
     A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernado II concedeulle a terceira parte desta poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.



     Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Coengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.



     Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.


     Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de sillares.


     Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.


     Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.


     O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.


Parroquias de Porqueira    
     Paradela de Abeleda (San Xoán), Porqueira (Santa María), Sabucedo (San Salvador), San Lourenzo de Abeleda (San Lourenzo), San Martiño de Porqueira (San Martiño) Sobreganade (San Mamede)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901