viernes, 13 de abril de 2018

CENOBIO DE SEOANE VELLO - MONTEDERRAMO

 CENOBIO DE SEOANE VELLO
SEOANE VELLO
MONTEDERRAMO


Seoane Vello
     San Xoán de Seoane Vello é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. 



No ano 2007 tiña 65 habitantes (31 homes e 34 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.


Lugares de Seoane Vello
     A Caseta, A Castiñeira, A Graña de Seoane, Leboreiro, Praducelos



Montederramo
     Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. 



     Segundo o Padrón municipal, en 2015 tiña 807 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,55%.


Patrimonio histórico e artístico
     Na parroquia de Santa María atópase o Mosteiro de Santa María de Montederramo Trátase dun mosteiro medieval posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social durante moitos anos en Galicia e na actualidade o seu templo é un dos mellores exemplos do estilo arquitectónico Herreriano.
Montederramo na cultura popular



     Conta a lenda que San Mamede era un ermitán que vivía no alto da serra que, co tempo, tomaría o seu nome. Alí levantou unha ermida. hoxe derruída, utilizando para traer a pedra un carro no que xunguía dous corzos que tiña amestrados. Pero o caso é que dunha volta veu un lobo e comeulle un dos corzos. Como castigo, San Mamede xunguíu o lobo co outro corzo e tivo que turrar do carro ata rematar a construción da capela.


Parroquias de Montederramo    
     Os Abeledos (San Vicente), As Chás (San Xoán), Covas (San Xoán), Gabín (San Pedro), Marrubio (Santo André), A Medorra (Santiago), Montederramo (Santa María), Nogueira (Santa María), Paredes (Santa María), San Cosme de Montederramo (San Cosme), Sas do Monte (San Pedro), Seoane Vello (San Xoán), Vilariño Frío (Santa María)


Comarca da Terra de Caldelas
     A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.





Demografía
     A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2015 cunha poboación de 3.141 habitantes. 




    No 2014 a poboación menor de 15 anos era o 4.36% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media do resto de Galicia, mentres que pola outra banda o 45.02% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50.62%.


     A idade media da poboación en 2015 era de 59.2 anos, que supera a media galega.

 MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901