PARADELA
CHOUZÁN
CARBALLEDO
LUGO
Paradela
Paradela é un lugar da parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo, na comarca de Chantada.
Segundo o IGE, en 2015 contaba cun habitante, unha muller, o mesmo en 2016.
Toponimia
O topónimo é un diminutivo de parada (latín parata): pousada, parada, fonda.
Lugares de Chouzán
A Cela, Chouzán, A Grixoá, Pacios, Paradela, A Pena, A Poxa, A Voutureira
Chouzán
Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada.
Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes.
Toponimia
O topónimo está relacionado cun antigo mosteiro de frades Flauzani (dun nome Flaudianus). Ningún outro lugar de Galicia leva este nome
Patrimonio
A igrexa mosteiral de Chouzan data do século XII, é de estilo románico. O mosteiro tiña canles de auga que nutrían de peixe á comunidade beneditina e aos veciños, ademais de moveren muíños e regaren as hortas. A igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1950. Coa construción do encoro dos Peares a antiga igrexa trasladouse predra a pedra ata o seu actual emprazamento.
Carballedo
Carballedo e un municipio de la provincia de Lugo. Pertenece a comarca de Chantada. A capital e A Barrela.
Población en 2008: 2.799 personas según o padrón municipal de habitantes.
Parroquias
Aguada (Santa Baia)
Buciños (San Miguel)
Carballedo (Santa María)
Cartelos (Santo Estevo)
Castro (San Cristovo)
A Cova (San Xoán)
Erbedeiro (San Pedro)
Furco (San Gregorio)
Lobelle (San Cristovo)
Lousada (Santiago)
Marzás (Santa María)
Milleirós (San Xoán)
Oleiros (San Miguel)
Pradeda (Santiago)
San Mamede de Lousada (San Mamede)
San Romao de Campos (San Romao)
San Salvador de Búbal (San Salvador)
Santa Baia de Búbal (Santa Baia)
Santa Cristina de Asma (Santa Cristina)
Santa Mariña do Castro (Santa Mariña)
Temes (Santa María)
Veascós (Santa Mariña)
Vilaquinte (Santa María)
Situación Xeográfica
Entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, no suroeste da provincia de Lugo, xa no límite da de Ourense, está situado o Concello de Carballedo.
O seu territorio predominantemente montañoso, ten 139,6 km2; bañados por dous ríos principais: o Bubal e o Miño, que marcan a liña divisoria co Concello de Pantón.
Limita ó Norte co Concello de Chantada, ó Este co de Pantón, ó Sur cos municipios de Villamarín e a Peroxa e ó oeste cos de San Cristóbal de Cea e Rodeiro.
O principal eixo viario é a N-540, de Lugo a Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).
Aínda que está moi preto de Ourense, polas súas características físicas e polos influxos socioeconómicos e administrativos, forma parte da Comarca de Chantada.
Comarca de Chantada
A Comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo e a súa capital é Chantada. Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901