domingo, 23 de julio de 2017

VENTOSELA - MANADELA DE MONTES - FORCAREI

VENTOSELA
MADANELA DE MONTES
FORCAREI


 Ventosela
     Ventosela é un lugar da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei, na provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 10 habitantes (3 homes e 7 mulleres), 1 menos ca no ano 2006.



Santa María Madanela de Montes
     Santa María Madanela de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.



     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 653 habitantes (346 mulleres e 307 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 635 habitantes. 



     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 578 habitantes, sendo 272 homes e 306 mulleres.



Lugares da Madanela de Montes
     Ameixeiras, Os Codesás, A Graña, A Madanela, San Xusto, Sanguñedo, Soutelo de Montes, Trasdomonte, Ventosela



Forcarei
     Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2015 tiña 3683 habitantes.



O seu xentilicio é forcareiés.



Xeografía
     Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.



Historia
     En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.



Patrimonio
     Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.



     Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.



     Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.



Sendeirismo

     Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".



     A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.



     A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín



Parroquias de Forcarei
     Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel), Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)



A comarca de Tabeirós - Terra de Montes

     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. 



     A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901