domingo, 2 de julio de 2017

MUIÑO EN PRADO DE LIMIA - MUIÑOS

 MUIÑO EN PRADO DE LIMIA
PRADO
MUIÑOS
OURENSE


Prado de Limia
     San Salvador de Prado de Limia é unha parroquia do concello ourensán de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 173 habitantes, dos cales 94 eran homes e 79 mulleres.



Lugares de Prado de Limia
     Albite, Prado, Reparade, O Salgueiro 



 Muíños
     Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003.



Xeografía
     O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.



     Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños.


Turismo
     Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.



     A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.


Patrimonio
    Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
    Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
        Anta Casiña da Moura
        Anta Casota do Foxo



Castros:
    Castro de Taboadela (Barxés)
    Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
    Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
    Castro de Santa María do Castro (Guntumil)



     A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.



Parroquias de Muíños
     Barxés (Santa María), Cados (Santa María), Couso de Salas (Santiago), Farnadeiros (San Pedro), As Maus de Salas (Santa Baia), Muíños (San Pedro), Parada de Ventosa (San Pedro), Porqueirós (Santo André), Prado de Limia (San Salvador), Requiás (Santiago), Souto de Limia (Santa María), Xermeade (San Miguel)



Comarca da Baixa Limia
     A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande. 



     Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.


     Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901