domingo, 9 de julio de 2017

SANTUARIO DA APARECIDA - PORQUEIRÓS - MUIÑOS

SANTUARIO DA APARECIDA
PORQUEIRÓS
MUIÑOS
OURENSE


 Porqueirós
     Santo André de Porqueirós é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 97 habitantes, dos cales 44 eran homes e 53 mulleres.


Porqueirós na literatura popular
    A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver.



Lugares da parroquia de Porqueirós
   Porqueirós



 Muíños
     Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003.



Xeografía
     O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.



     Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños.



Turismo
     Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.



     A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.



Patrimonio
    Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
    Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
        Anta Casiña da Moura
        Anta Casota do Foxo



Castros:
    Castro de Taboadela (Barxés)
    Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
    Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
    Castro de Santa María do Castro (Guntumil)



     A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.



Parroquias de Muíños
     Barxés (Santa María), Cados (Santa María), Couso de Salas (Santiago), Farnadeiros (San Pedro), As Maus de Salas (Santa Baia), Muíños (San Pedro), Parada de Ventosa (San Pedro), Porqueirós (Santo André), Prado de Limia (San Salvador), Requiás (Santiago), Souto de Limia (Santa María), Xermeade (San Miguel)



Comarca da Baixa Limia

     A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande.



     Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.



     Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.



Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés    
     Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, na provincia de Ourense xunto a Portugal



     O Parque Natural Baixa Limia esténdese polos montes dos municipios de Entrimo, Lobios e Muiños ata a fronteira con Portugal. Está situado no sur da provincia de Orense. Ao entrar en Portugal convértese no Parque Nacional de Peneda Gerês. Principalmente está composto por materiais graníticos con algúns filóns de cuarzo, na súa superficie atópanse os circos glaciares de menor altitude da península.



     O Parque Natural Baixa Limia caracterízase por ter tres zonas ben diferenciadas, as superficies planas, os vales fluviales e as sierras. Estas forman unha configuración de cumes e vales nos que a forma de erosión indícanos a existencia de glaciares. O parque natural está nunha zona de transición entre os climas mediterráneo e atlántico, con choivas frecuentes no outono e inverno e escasas durante o verán.
Paisaxe
     Variedade de paisaxes alternando bosques caducifolios cos de folla perenne e con pastizales e cultivos forrajeros, alternándoos con barbechos de centeno.



Altitude
     Ten unha extensuión de 20.920 hectáreas e o pico máis alto do Parque é o pico A Nevosa, con 1546 m.
Flora
     Carballo melojo, abedul, madroño, acebo, castiñeiro, brezo, pastos e cultivos en barbecho.
Fauna
Nas aves temos:
     Zampullín chico, ánade real, somormujos, aguilucho cenizo, aguia real, alcotán, azor, gavilán, aguia culebrera, cernícalo común, cuco, pico picapinos e vencejo entre outros.
Nos mamíferos temos:
    O lobo, o jabalí, turón, nutria, gineta, gato montés, comadreja e cabra montesa entre outros, ademais de gando equino, vacuno e lanar.
Nos reptiles
     Temos a víbora e a lagartija ibérica.
Actividades
     Senderismo, escalada, rutas en bicicleta, paseos dacabalo e visitas guiadas.
Servizos
     Aparcamiento, instalacións adaptadas para persoas con discapacidad, área recreativa infantil, merenderos, teléfono público, fontes públicas, refuxios públicos, aloxamentos e hostelería.
Características
     Ao estar situado nunha zona fronteriza temos no parque dous climas e, xa que logo, dous vegetaciones distintas e unha gran diversidad paisajística, combinando as formas suaves dos vellos montes galegos coas máis abruptas (agullas e pedras de granito).


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901